Quen convoca e apoia a folga?
Despois da chamada á unidade sindical da CIG-Ensino, uníronse STEG, Solidariedade Obreira e CUT-Ensino.
Que se pretende conseguir?
⏰ 21 horas lectivas máximas en primaria e infantil e 18 no resto das ensinanzas.
🙇🏻♂ Redución real e inmediata das ratios.
🫰🏽 Recuperación salarial das perdas acumuladas polo profesorado galego.
🤲🏼 Reforzo do profesorado na atención a diversidade.
☀ Cobro do verán do profesorado substituto.
📚 Redución efectiva da burocracia.
😶 Retirada da instrucións de censura ideolóxica disfrazadas de neutralidade.
📉 Redución das horas lectivas a partir dos 55 anos.
😤 Regulación das materias afíns.
👅 Novo decreto para frear o devalo da lingua galega na infancia.
Que se vai facer durante eses días?
Se a Consellaría escoita as nosas reclamacións e dá marcha atrás, pode que se desconvoque a folga. Se, polo contrario, continúa coas súas políticas de recortes realizaremos as seguintes accións:
Día 28 de outubro – Concentración en San Caetano
Ás 12.00h realizaremos unha acción reivindicativa diante de San Caetano, na que rodearemos o edificio con cabazas, como chiscadela ao Samaín e como mensaxe clara: Este conselleiro suspende
Día 29 de outubro – Manifestacións provinciais
Celebraranse manifestacións a nivel provincial que comezarán ás 11.30 e rematarán nas Xefaturas Territoriais da Consellaría de Educación. A saída será dos seguintes lugares:
Lugo: Horta do Seminario
A Coruña: Rúa San José de Calasanz, n° 5 (CEIP Alborada)
Lugo: Praza da Horta do Seminario
Ourense: Dirección Territorial de Educación na Rúa Concello nº 11
Pontevedra: IES Valle Inclán no paseo de Montero Ríos
Queres ver a última manifestación?
Na TVG censurouse a última folga e, actualmente, hai un recurso perante a Valedora do Pobo por este motivo. No entanto, aquí podes ver unha crónica completa no seguinte vídeo.
✊🏼 Unha vez máis, o profesorado galego vai dar exemplo de dignidade e firmeza, defendendo a educación pública, os dereitos laborais e a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
📢 Porque nada mudou. Porque sobran os motivos. O 28 e 29 todas e todos á folga!
Texto de Santi Quiroga. Vídeos de Pablo Rodríguez Vila e CIG-Ensino












0 comentarios