Como resultado deste traballo, o centro elaborou varios xogos de mesa, concretamente un dominó e un memory, nos que se recollen algunhas das palabras recompiladas ao longo do proxecto. O obxectivo é achegar este vocabulario á comunidade educativa e contribuír á súa difusión dunha maneira lúdica, participativa e próxima.
A iniciativa busca manter viva a lingua propia do Courel, recuperar palabras vinculadas á memoria colectiva da zona e favorecer que o alumnado, as familias e a contorna poidan coñecer, empregar e transmitir este patrimonio lingüístico.
Ademais dos xogos, o centro está introducindo as palabras recollidas nun repositorio virtual, dispoñible na seguinte ligazón:
O proxecto completarase tamén coa publicación dun dicionario en formato físico, grazas á colaboración da Deputación de Lugo.
Desde o centro solicitan a colaboración da comunidade educativa e de todas as persoas interesadas mediante a adquisición destes xogos. Cada exemplar ten un custo de 12 euros e o recadado destinarase integramente á realización de actividades, excursións, proxectos e outras iniciativas para o alumnado.
As persoas que queiran facer un pedido poden cubrir o seguinte formulario ata o luns 18:
https://forms.gle/eFVjNTgqt6TiagYU8
O CPI Poeta Uxío Novoneyra agradece tamén a difusión desta iniciativa entre todas aquelas persoas, centros ou colectivos que poidan estar interesados en colaborar coa recuperación e transmisión do léxico patrimonial do Courel.












0 comentarios