Dicía Gandhi que “a grandeza dunha nación pode ser xulgada pola forma na que os seus animais son tratados”. Desde os centros educativos temos a responsabilidade de concienciar ao alumnado sobre esta cuestión, en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. Existen moitas oportunidades de facelo, desde as propias titorías ou ao abeiro dos distintos programas educativos (Plan Proxecta Protexe os animais, Pasaporte Solidario…). Neste sentido, é moi interesante colaborar coas asociacións e entidades da contorna que traballan na protección e coidado dos animais. Velaquí unhas cantas ideas para tratar o tema ao longo do curso, a propósito dalgunhas datas sinaladas.
1º TRIMESTRE
DÍA DAS INTERVENCIÓNS ASISTIDAS CON ANIMAIS (14 de setembro)
- Introducir a normativa sobre actividade e benestar dos cans de asistencia, onde se especifican os distintos tipos de cans de asistencia: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2025-10490
- Contactar con algunha asociación que realiza terapias asistidas con animais, como a Asociación Andrea na provincia de Ourense, que traballa con burros e asnos: http://www.andreaasociacion.org/
DÍA INTERNACIONAL DOS ANIMAIS (4 de outubro)
- Realizar un Kahoot sobre curiosidades dos animais domésticos: https://create.kahoot.it/share/curiosidades-de-animales-domesticos-1eso/cf26484c-a472-4ade-ab9a-75be710e67c
- Visualizar unha película protagonizada por gatos: https://decine21.com/listas-de-cine/lista/las-mejores-peliculas-de-gatos-100131
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS ANIMAIS (10 de decembro)
- Introducir a normativa sobre rexime xurídico dos animais, onde se contempla o seu estatus como “seres sintintes” e membros da familia (2021): https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2021-20727
- Visualizar un vídeo sobre os principais aspectos da Lei de Benestar Animal (2023), de protección dos dereitos e benestar dos animais: https://www.youtube.com/watch?v=xEj5uPSEcBc
2º TRIMESTRE
DÍA DE SAN ANTÓN: PATRÓN DOS ANIMAIS (17 de xaneiro)
- Elaborar un muro colaborativo coas mascotas de cada clase e facer unha pequena exposición nos corredores do centro
- Visualizar algunha película protagonizada por cans: https://decine21.com/listas-de-cine/lista/las-mejores-peliculas-de-perros-100051
DÍA MUNDIAL DA ESTERILIZACIÓN ANIMAL (22 de febreiro)
- Contactar con algunha asociación da contorna que traballe co método CER (captura-esterilización-retorno) na xestión de colonias felinas para dar unha charla no centro, como por exemplo Miau Lemos: https://www.instagram.com/miau_lemos/?hl=es
- Proxectar o documental Kedi (2016), de 75 minutos de duración, onde se amosa a máxica relación dos gatos cos habitantes da cidade de Istambul: https://www.youtube.com/watch?v=eP_Z2De3rXY
3º TRIMESTRE
DÍA MUNDIAL DA VETERINARIA (30 de abril)
- Organizar un coloquio con veterinarias e veterinarios que traballen en distintos ámbitos para falar sobre a profesión, poñendo en valor o papel fundamental da profesión veterinaria na saúde pública
- Presentar a figura de María Cerrato, a primeira muller veterinaria de España: https://www.instagram.com/p/DFUiJH2MTQk/
DÍA INTERNACIONAL DO CAN GUÍA
- Informar sobre o traballo da Fundación ONCE do Can guía (FOPG): https://www.youtube.com/watch?v=8g5m_fiet5
- Contactar con algunha persoa invidente que posúa un can guía para coñecer a súa experiencia
Se estás interesada/o nunha presentación sobre curiosidades de cans e gatos ou en viñetas divulgativas sobre animais domésticos para traballar na aula, non dubides enviar un email a ecabanelas@edu.xunta.gal












0 comentarios