Preguntas Frecuentes

Preguntas Frecuentes

Ver todas Inscrición Prazas Temarios Tribunais Baremo Reclamacións Fase de prácticas Exames Listas de substitución Baixa médica Funcionariado de carreira
InscriciónInscribirse

Cando e como me teño que inscribir nas oposicións?

Habitualmente é no primeiro trimestre do ano cando se convocan as oposicións e comeza polo tanto o prazo para presentar solicitudes. Para saber como inscribirse o que che recomendo é que te subscribas á miña canle de YouTube e me sigas en Twitch, xa que nesas aplicacións fago directos e titoriais sobre como inscribirse.

InscriciónInscribirse correctamente

Como podo comprobar se me inscribín correctamente?

Debes acceder á sede electrónica da Xunta e buscar nos expedientes presentados o procedemento ED001A. Ao pulsar nel, poderás descargar unha copia de solicitude e revisala.

TemariosTemas

Onde podo consultar o temario da miña oposición?

En ProfesoradoGalicia.com, na sección de lexislación e no menú de oposicións, podes consultalos.

ExamesExames de oposicións anteriores

Onde podo consultar exames de anos anteriores?

Nesta mesma páxina web, nesta sección, podes consultalos.

Listas de substituciónManter o posto nas listas de substitución

Estou obrigada a presentarme ás oposicións para manter o meu posto nas listas de substitución?

Sempre e cando non se publique unha resolución que diga o contrario, se tes o teu posto consolidado nas listas de substitución estás obrigada a presentarte no caso de que convoquen proceso selectivo da túa especialidade, tendo en conta que poderás presentarte á especialidade que desexes. No caso de que non teñas o posto consolidado serás eliminada da lista.

Listas de substituciónTitulacións para acceder ás listas de substitución

Onde podo consultar as titulacións que me permiten quedar nas listas de substitución sen necesidade de superar a primeira proba?

Se posúes unha das titulación que recolle esta Orde para a especialidade á que te presentas, poderás entrar nas súas listas de substitución só con presentarte ao procedemento selectivo.

Baixa médicaIncapacidade temporal

Podo presentarme estando de baixa?

Se a baixa cho permite, sen problema ningún.

BaremoBaremo

Que puntúa no baremo das oposicións?

O baremo dos procesos selectivos está divido en apartados nos que puntúa a experiencia docente (en centros públicos e privados-concertados), a formación académica (expediente académico, posgraos, doutoramento, premios extraordinarios, titulacións universitarias de réxime especial e de fp) e outros méritos como certificados de linguas estranxeiras ou actividades de formación. En cada convocatoria poderás consultar o baremo do respectivo proceso selectivo e en ProfesoradoGalicia.com, na sección de oposicións, sempre terás acceso á ultima convocatoria publicada.

BaremoExperiencia noutras comunidades

Puntúa a experiencia noutras comunidades autónomas?

Si.

BaremoExperiencia na privada

Puntúa a experiencia no ensino privado-concertado?

Si.

BaremoPuntuación de días de experiencia docente

Se traballei menos de 1 mes, canto me puntúa?

Só puntúan anos e meses, os días soltos que superen o período dun mes ou que falten para chegar a el, non puntúan.

BaremoCursos de formación

Que tipos de cursos puntúan?

Os organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación e Formación Profesional, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades, sempre e cando estean asinados polo reitor ou vicereitor.

BaremoReclamaciónsReclamar o baremo provisional

Como reclamo o baremo provisional?

Cun escrito ao tribunal no prazo de 3 días hábiles desde que se publica o baremo provisional.

ReclamaciónsReclamar as notas finais

Como reclamo a nota da oposición?

Como calquera procedemento administrativo, unha oposición pode ser recorrida cun recurso de alzada, neste caso a través da sede electrónica, e posteriormente cun recurso contencioso.

ReclamaciónsAcceder á información pública relacionada coas oposicións

Como podo acceder aos modelos de corrección dos tribunais e á restante información pública relacionada cos procesos selectivos?

Este tipo de información aparece habitualmente na web de Oposicións. Tamén podes reclamar acceder a esta información a través do procedemento PR100A da sede electrónica da Xunta.

PrazasNúmero de prazas

Cando se coñece o número de prazas e especialidades que se van convocar?

Non é ata finais de ano cando comeza a publicarse información sobre as especialidades que se van convocar e déixase o número de prazas concreto para os primeiros meses do ano, despois de que teña lugar a negociación do reparto de prazas por especialidade entre a Consellaría e as organizacións sindicais. Todos estes datos convertaranse en oficiais cando se publique a convocatoria, no primeiro cuadrimestre do ano, no DOG.

PrazasDistribución de prazas

Como se distribúen por tribunais as prazas das oposicións?

En proporción ao número de aspirantes das quendas libres que acudiron ao acto de presentación e, se é o caso, aspirantes da quenda da reserva de persoas con discapacidade que superaron a fase de oposición e non entraron na lista de persoas aprobadas do concurso-oposición por esta quenda. De existir empate nos restos dos cocientes a adxudicación das prazas iniciarase polo tribunal que resulte do sorteo que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, se fose necesario, os seguintes.

Fase de prácticasTrámites despois de superar o proceso selectivo

Cales son os pasos que teño que seguir despois de acadar praza?

Despois de celebralo deberás facer unha serie de trámites, que son:
1. Participar no CADP (independentemente de que xa participases como interina ou substituta).
2. Entregar documentación (certificado médico, declaración responsable e, se fose o caso, certificado de non ter antecedentes por delitos de tipo sexual) despois de que se publiquen no DOG as aprobadas.
3. Tomar posesión no centro adxudicado no CADP.
4. Darte de alta en MUFACE.
Podes ver un video resumo do anterior aquí.

Fase de prácticasAprazar a fase de prácticas

Se supero un procedemento selectivo, podo aprazar a fase de prácticas?

Si, a convocatoria establece a posibilidade de atrasar a fase de prácticas.

Fase de prácticasCursos da fase de prácticas

Como me inscribo nos cursos que debo facer para superar a fase de prácticas?

Non te preocupes, xa te inscriben automaticamente neles e recibirás un correo electrónico para avisarte do seu comezo.

Fase de prácticasNon superación da fase de prácticas

Que ocorre se non supero a fase de prácticas?

No caso de suspendela por primeira vez, poderás repetila o vindeiro curso.

Fase de prácticasPublicación no DOG

Cando se adoitan publicar no DOG as aprobadas?

Durante o mes de agosto, comezando desde ese momento o prazo para entregar o informe médico, a declaración responsable e, se fose o caso,o cerificado de non ter antecedentes por delitos sexuais.

Fase de prácticasPublicación no BOE

Cando aparecerei nomeada no BOE como funcionaria de carreira?

Os aprobados do concurso-oposición publícanse no BOE no primeiro trimestre do curso no que vas ser nomeada funcionaria de carreira despois de ter superada a fase de prácticas.

Fase de prácticasCambio a funcionariado de carreira

Hai algo que teña que facer cando cambio de funcionaria en prácticas a de carreira?

Si, comunicar ese cambio a MUFACE.

Funcionariado de carreiraAdquisición de nova especialidade ou corpo

Se xa son funcionaria de carreira, como podo acceder a outra especialidade?

Se queres acceder a unha especialidade dun corpo distinto ao que pertences, tes dúas posibilidades: acceder a través dun proceso selectivo de cambio a un subgrupo superior ou presentarte por libre a dita especialidade. Se a especialidade á que desexas acceder é do mesmo corpo ao que xa pertences, nese caso deberás acceder a través do procemento selectivo de Adquisición de nova especialidade. Para informarte sobre como son estes procedementos e, sobre todo, de se se convocan ou non, debes consultar a Orde que convoca as oposicións de cada ano (a última convocatoria sempre a terás dispoñible en ProfesoradoGalicia.com, na sección de oposicións).
Ademais, no corpo de mestras, tes a posibilidade de habilitarte achegando a titulación correspondente nos prazos que a tal efecto se abren en xuño e setembro.

Funcionariado de carreiraAdquisición dunha especialidade noutra Comunidade

Podo adquirir unha nova especialidade do mesmo corpo noutra Comunidade?

Non, a este tipo de procedemento só se pode presentar funcionariado de carreira das respectivas Comunidades.

Funcionariado de carreiraAcceso a corpo superior noutra Comunidade

Podo acceder a un corpo superior noutra Comunidade?

Si, mais ten en conta que terás que obter o primeiro destino definitivo na Comunidade na que accedas.

Funcionariado de carreiraProba para adquirir novas especialidades no mesmo corpo

Como é a proba de adquisición de novas especialidades do mesmo corpo?

Consiste na exposición oral dun tema, que deberás elixir de entre varios: desde 3 e ata 5 (o número varía en función do corpo ao que te presentas). Terás dúas horas para preparalo e unha hora para expolo. Ten en conta que a convocatoria pode determinar parte práctica en certas especialidades.

Funcionariado de carreiraProba para adquirir novas especialidades en distinto corpo

Como é a proba de cambio a un corpo superior?

Consiste na exposición oral dun tema que deberás elixir de entre 8 ou, en determinados casos, 9. Terás dúas horas e media para preparar a exposición e terás un máximo dunha hora para expor. Ten en conta que a convocatoria pode determinar parte práctica en certas especialidades.

TribunaisMembros dos tribunais

Cando se fan públicos os membros que compoñen o tribunal?

É normalmente no mes de abril cando ten lugar o sorteo público das persoas que conformarán os tribunais. Del saen os vogais, porén as presidencias non se fan públicas ata que o resultado do anterior sorteo se publica no DOG, que adoita ser no mes de maio.

TribunaisRenuncia aos tribunais

Quen pode renunciar a ser membro dun tribunal?

Directores/as centro, liberadas sindicais a tempo completo, membros de tribunais de oposiscións nos últimos catro anos, estar con redución xornada dende o 1 de maio, preparadoras de opositoras, persoal de baixa e os casos recollidos no artigo 23 da Lei 40/2015.

Ver todas Acordo de interinas Listas Chamamentos Renuncia Cese Procedementos Xefatura de departamento
ListasConsultar as listas

Onde podo consultar as listas de substitución?

Na páxina web de Substitutoslistas. Ademais, en ProfesoradoGalicia.com podes consultalas, na sección de Substitucións, sen necesidade de introducir CAPTCHA.

ListasEntrar nas listas

Como podo entrar nas listas de substitución?

Hai dúas posibilidades para entrar nas listas de substitución. A primeira é a través dun procedemento de listas abertas e a segunda a través das oposicións, sempre e cando cumpras os requisitos de titulación exixidos ou no seu defecto superes a parte A do proceso selectivo. Se o que queres é estar informado de aperturas de listas, o mellor consello que che podo dar é que te unas a Discord.

ListasActualización das listas

Cando se actualizan as listas de substitución?

Cada novo curso académico as listas modifícanse eliminando o persoal que non ten dereito a seguir nelas. Este proceso iníciase no verán, momento no que se elimina o persoal que superou os procesos selectivos e remata no primeiro trimestre do curso, cando se inclúe nas listas de substitución o persoal que non superou as oposicións pero que ten dereito a formar parte delas. Tamén en determinados momentos do curso académico se poden actualizar, por exemplo cando ingresa novo persoal (despois dos que xa forman parte das listaxes) debido a unha apertura de listas ou cando alguén gaña un recurso contra a súa exclusión e polo tanto reingresa no sistema no seu posto anterior.

ListasConsolidar posto nas listas

Que quere dicir que teño o posto consolidado nas listas de substitución?

Ter o posto consolidado significa que accediches a un determinado posto de xeito indefinido nas listas de substitución, que só variará en función de que o persoal docente que estea diante túa na lista renuncie a continuar nela, aprobe as oposicións, se xubile, sexa expulsado da lista ou faleza. Para manter este posto consolidado deberás participar cada curso no CADP e presentarte ao proceso selectivo (de calquera especialidade) se a lista na que estás consolidada oferta prazas no dito proceso.

ListasComo consolidar posto nas listas

Como consolido un posto nas listas de substitución?

Para consolidar debes aceptar unha vacante que che ofreza a administración, é dicir, traballar ou, no caso de que te chamen para ofrecerche unha vacante e renuncies por un dos motivos que o Acordo de interinas recolle no artigo décimo quinto, que traballe persoal que se atope por detrás de ti nas listas de substitución na especialidade na que pretendes consolidar.

ListasMellorar a posición nas listas

Podo subir postos nas listas de substitución achegando nova formación ou méritos?

Non. Nas listas de substitución só se soben postos cando o persoal docente que está diante de ti aprobe as oposicións, se xubile, sexa expulsado da lista ou faleza.

ListasSolicitar a expulsion das listas

Que teño que facer para solicitar que me eliminen dunha lista de substitución?

Solicítao, despois de pensalo ben, cunha instancia xenérica pola sede electrónica dirixida a Recursos Humanos.

ListasExpulsión das listas

Se me botan ou solicito que me eliminen dunha lista, só me expulsan desa ou de todas das que formo parte?

As listas son independentes unhas doutras, polo que só te eliminarán da lista en cuestión e poderás permanecer nas restantes sen problema ningún.

ProcedementosProcedementos para interinas/substitutas

Cales son os procedementos nos que podo participar como interina ou substituta?

Durante o curso académico hai moitos procedementos nos que o anterior colectivo pode ou debe participar, entre os que destacan: o Concurso de Adxudicación de destinos provisionais, as comisións de servizo, a restrición para substitucións, a renuncia á participación no CADP, permutas, habilitacións para o ensino privado e as oposicións.

Acordo de interinasCondicións laborais

Que é o Acordo de interinas?

O Acordo de interinas é o documento onde se recollen as condicións laborais do persoal interino e substituto.

ChamamentosSistema de chamamentos

Como é o sistema de chamamentos e penalizacións para cubrir substitucións?

O sistema de chamamentos está recollido no Acordo de interinas no artigo Vixésimo primeiro.

ChamamentosComezo dos chamamentos

Cando adoitan comezar os chamamentos?

O habitual é que empecen un par de días antes de que se inicie o curso co alumnado.

ChamamentosPrazo para tomar posesión

Canto tempo teño para incorporme despois de ter recibido unha chamada para substituír?

Tes que tomar posesión o día seguinte no centro de ensino adxudicado. Se precisases dispor de máis tempo debes comunicarllo á funcionaria que te chamou para que valore a posibilidade de retrasar a túa incorporación.

ChamamentosSubstitución estando de maternidade

Que ocorre se me chaman para substituír e estou gozando do permiso de maternidade?

Neste caso comenta coa funcionaria que te chame a túa situación e vaiche explicar que che farán un contrato adminitrativo coa finalidade de que os servizos que che corresponderían prestar che sexan recoñecidos. Este contrato administrativo tamén pode ter efectos económicos cando non tiveses dereito ás prestacións correspondentes do INSS.

Xefatura de departamentoFuncións da xefatura de departamento

No caso de substituír a unha xefa de departamento, teño que facer as súas funcións?

É o persoal definitivo do centro quen debe realizar as funcións da xefatura. Certo é que no caso de departamentos unipersoais vas ter que asumir ti a xefatura.

CeseSubstituído que se xubila

Xubilouse a profesora que estaba substituíndo, en que situación quedo?

Nese caso o teu contrato vaise converter nunha interinidade ata setembro, sempre e cando a xubilación se produza antes do 31 de maio.

ChamamentosVacantes con afíns

Cando me chamen para unha substitución podo negarme a aceptar vacantes con afíns que non seleccionei no CADP?

O primeiro que debes ter en conta é que o CADP e as substitución son procesos totalmente independentes, por iso calquera indicación que fagas no CADP non se vai aplicar ás substitucións. Polo tanto, cando te chamen para unha vacante con afíns só vas poder renunciar no caso de que se trate de afíns de carácter lingüístico. Certo é que podes atoparte cunha funcionara que che permita renunciar a unha vacante con outro tipo de afíns.

ChamamentosVacantes bilingües

Como me habilito para ter posibilidade de optar a vacantes de substitución bilingües?

Debes enviar o teu B2 ou nivel superior da lingua na que te queiras habilitar por sede electrónica (instancia xenérica - PR004A - dirixida a Recursos Humanos) ou correo a Persoal secundaria ou a Persoal primaria.

ChamamentosVacantes de aceptación voluntaria

Cando me chaman para unha substitución, a que vacantes podo renunciar sen motivo e sen penalización?

Ás prazas con itinerancia, de media xornada, nos cárceres, nos centros de menores e de atención domiciliaria. Ademais, nalgún caso, tamén poderás renunciar a vacantes que teñan como afíns linguas estranxeiras que non domines.

ChamamentosRenunciar despois de restrinxir

Se solicitei unha restrición de concellos, podo renunciar cando me chamen?

Si, se te acolliches a realizar substitucións en concellos determinados poderás optar por non prestar servizos durante todo o curso académico sempre que sexa con anterioridade á toma de posesión do teu primeiro nomeamento nese curso.

RenunciaMotivos de renuncia

Cales son os motivos de renuncia a substitucións?

O colectivo de interinas e substitutas pode renunciar sempre e cando teña un dos motivos que o Acordo de interinas recolle no seu artigo Décimo quinto.

RenunciaPrazos de renuncia

Cales son os prazos para renunciar a realizar substitucións?

Hai dous prazos oficiais: do 15 ao 31 de maio e entre a adxudicación provisional e definitiva do CADP. O anterior é só para persoal co posto consolidado, se nunca traballaches poderás renunciar na primeira chamada.

RenunciaRenunciar só a determinadas listas para substitucións

Estou en varias listas de substitución, podo renunciar a varias delas para substitucións?

En principio, non. O que pode ocorrer é que as renuncias se apliquen só nas listas nas que estás consolidado e polo tanto podes seguir recibindo chamamentos das listas das que nunca te chamaron para traballar. Tamén pode ocorrer que, cando vos aceptan unha renuncia cando vos chaman para substituír, a renuncia só se aplique na lista na que vos están chamando e non nas restantes. Aclarado todo o anterior, hai que dicir que o habitual é que a renuncia se aplique a todas as listas de substitución por carecermos dun procedemento específico para elixir as listas das que queredes que vos chamen.

RenunciaLímite para renunciar por estudos

Cantos anos podo renunciar por ampliación de estudos de grao, mestrado ou doutorado?

Un período máximo de tres anos. Excepcionalmente, poderá utilizarse un cuarto e quinto ano, nos estudos de grao e doutoramento. Nos graos será necesario ter cursado e superado un mínimo de 90 créditos da mesma titulación. Para estes efectos non se terán en conta as materias validadas.

RenunciaMatrícula necesaria para renunciar por estudos

De que cantidade de contidos me debo matricular para poder renunciar?

No caso dos graos deberá efectuarse a matrícula de, polo menos, 30 créditos e acreditar a realización das correspondentes probas ao final do curso académico. Nos supostos do máster ou doutoramento a matrícula deberá realizarse, polo menos, do 30 % dos contidos.

RenunciaRenunciar por estudos sen ter aínda xustificación

Como podo renunciar no caso de que aínda non teña a matrícula dos estudos?

Neste caso o que che recomendo é que renuncies igualmente nos prazos establecidos achegando un documento no que expliques que a matrícula achegarala cando a teñas. Deste xeito estás cuberto por se che denegan a renuncia, xa que así poderías solicitala no primeiro chamamento como causa sobrevida por non cha ter aceptado antes.

RenunciaLímite para renunciar por outro contrato laboral

Cantas veces podo renunciar por outro contrato laboral temporal?

As veces que queiras durante 3 cursos académicos.

RenunciaIdade dos fillos para renunciar

A que data se ten en conta a idade no caso da renuncia por coidado de menor?

A 1 de setembro de cada curso académico.

RenunciaCómputo de renuncias

Desde cando computan as renuncias de concello por amplicación de estudos e outro contrato laboral?

No ano 2023 modificouse o Acordo de interinas, establecéndose un límite de 3 anos (5 no mellor dos casos) á renuncia por ampliación de estudos. Este límite comeza a computar no curso 2023/24. Non ocorre o mesmo no caso das renuncias por outro contrato laboral durante 3 cursos académicos, nas que o contador non se pon a cero e contan as que se teñan solicitado en cursos anteriores.

CeseCese estando de baixa

Que ocorre se remato o meu contrato de substitución estando de baixa médica?

Nese caso é recomendable que contactes co INSS para informarte sobre se tes dereito á prestación por incapacidade temporal.

CeseDías de vacacións por mes traballado

Cantos días de vacacións me corresponden por cada mes traballado?

Correspóndenche 2,5 días por mes traballado.

CeseSolicitude de desemprego

Unha vez que remato unha substitución, que prazo teño para solicitar o desemprego?

Se tes dereito a el, tes un prazo de 15 días desde que rematou o teu contrato (incluídos os días de vacacións retribuídas e non gozadas que che correspondan).

Ver todas Provincias Concellos
ProvinciasConcellosComo e cando restrinxir

Como e cando se restrinxen concellos ou provincias para substitucións?

Cando o procedemento se atopa en prazo (do 15 de xuño ao 15 de xuño) adoita haber indicacións na web onde se solicita. Ademais, podes acceder a este titorial onde che explico como se pide a restrición.

ConcellosMotivos para restrinxir concellos

Cales son os motivos que permiten restrinxir concellos para substitucións?

Os que recolle o Acordo de interinas no seu artigo décimo quinto.

ProvinciasMotivos para restrinxir provincias

Para restrinxir as provincias nas que quero traballar como substituta é preciso algún tipo de xustificación?

Non, a diferenza de no caso de restrinxir por concellos, para facelo por provincias non se precisa ningún tipo de xustificación.

ProvinciasConcellosRestrinxir sen ter traballado

Se nunca me chamaron para traballar, como solicito a restrición de concellos ou provincias para substitucións?

Nese caso non poderás participar no prazo habitual de solicitude, polo que deberás solicitalo cando recibas o primeiro chamamento para traballar.

ConcellosLímite para restrinxir por estudos

Cantos anos podo restrinxir concellos por ampliación de estudos de grao, mestrado ou doutorado?

Un período máximo de tres anos. Excepcionalmente, poderá utilizarse un cuarto e quinto ano, nos estudos de grao e doutoramento. Nos graos será necesario ter cursado e superado un mínimo de 90 créditos da mesma titulación. Para estes efectos non se terán en conta as materias validadas.

ConcellosMatrícula necesaria para restrinxir por estudos

De que cantidade de contidos me debo matricular para restrinxir concellos?

No caso dos graos deberá efectuarse a matrícula de, polo menos, 30 créditos e acreditar a realización das correspondentes probas ao final do curso académico. Nos supostos do máster ou doutoramento a matrícula deberá realizarse, polo menos, do 30 % dos contidos.

ConcellosLímite para restrinxir por outro contrato laboral

Cantas veces podo restrinxir concellos por outro contrato laboral temporal?

As veces que queiras durante 3 cursos académicos.

ConcellosCómputo de restricións

Desde cando computan as restricións de concello por amplicación de estudos e outro contrato laboral?

No ano 2023 modificouse o Acordo de interinas, establecéndose un límite de 3 anos (5 no mellor dos casos). Este límite comeza a computar no curso 2023/24. Non ocorre o mesmo no caso das restrición por outro contrato laboral durante 3 cursos académicos, nas que o contador non se pon a cero e contan as que se teñan solicitado en cursos anteriores.

ConcellosIdade dos fillos para restrinxir

A que data se ten en conta a idade no caso da restrición de concellos por coidado de menor?

A 1 de setembro de cada curso académico.

Concellos ProvinciasRestrinxir fóra de prazo

Que opcións teño se me olvidei de restrinxir?

A única opción é intentar facelo na primeira chamada. Neste caso, a administración adoita conceder a posibilidade de restrinxir por provincia mais non é frecuente que acepten a restrición por concellos.

Ver todas Participación Prazos Provincias Renuncia Adxudicación Afíns e itinerancia Bilingüismo Habilitacións
ParticipaciónComo participar

Como se participa no CADP?

Cando o procedemento se atopa en prazo adoita haber indicacións na web onde se solicita. Ademais, podes acceder a este titorial onde che explico como se participa. Tamén cada ano fago un directo en Twitch explicando como se participa neste procedemento.

PrazosParticipaciónPrazo de participación

Cal é o prazo de participación no CADP?

Adoita estar en prazo a finais do mes de xuño e a principios de xullo.

ParticipaciónParticipar sen traballar

Teño que participar no CADP se nunca traballei?

Non, o persoal interino e substituto que pode participar no CADP é só aquel que ten o seu posto consolidado.

ParticipaciónTraballar por primeira vez

Este ano foi a primeira vez que me chamaron, teño que participar no CADP?

Si. Ademais ten en conta que se renunciaches e traballou, na túa especialidade, alguén que teñas detrás na listaxe de substitutas, tamén debes participar obrigatoriamente no CADP.

ParticipaciónParticipar por todas as listas

Se estou consolidada en varias listas de substitución do mesmo ou distinto corpo teño obriga de participar no CADP por todas elas?

Non, terás que participar mínimo por unha dun dos corpos.

ParticipaciónParticipar con destino definitivo

Podo participar no prazo ordinario do CADP, a finais de xuño, se teño destino definitivo?

Si, sempre e cando teñas destino definitivo nunha EOI, nun conservatorio de música nas especialidades de procesos de produción agraria e de operacións e equipos de produción agraria.

ParticipaciónManter a solicitude de anos anteriores

Se non quero facer cambios no CADP con respecto á miña última participación, teño que presentalo de novo igual?

Non, xa que no caso de non presentar nova instancia retomaranche a última que presentases desde 2018.

ParticipaciónAdxudicación sen participar

Se decido non participar no CADP por unha especialidade porque estou en varias, poderíanme adxudicar destino por ela?

Si, xa que debes de ter en conta que, no caso de que participases por esa especialidade desde 2018, a aplicación do CADP vai rescatar a túa última instancia presentada.

HabilitaciónsHabilitación por primaria

Son do corpo de mestras, habilítanme de oficio por primaria?

Todo o persoal funcionario de carreira que teña algún dos seguinte títulos seralle recoñecida de oficio a especialidade de primaria:
- Título de Graduado ou Graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de Mestre en Educación Primaria.
- Mestre especialidade de Educación Primaria (R.D. 1440/1991).
- Mestre (R.D. 1440/1991) en calquera das súas especialidades.
- Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica en calquera das súas especialidades.
- Mestre de Primeira ensinanza (Plan de estudos de 1967).
- Mestre de Ensinanza Primaria (Plan de estudos de 1950).

ParticipaciónModificar a solicitude

Como fago para modificar unha instancia do CADP que xa pechei ou que presentei na sede electrónica?

Non se pode modificar, mais o que si podes facer é presentar unha nova solicitude, xa que a última que presentes na sede electrónica será a que che teñan en conta.

ParticipaciónDobre participación

Que é a dobre participación no CADP?

A dobre participación implica que hai certos colectivos de profesorado como interinas, substitutas, expectativa de destino... que cando solicitan determinadas comisións de servizos participan no CADP coa dita comisión e ademais deben de participar cunha solicitude ordinaria. A primeira faise no prazo das comisións, que é de 10 días desde que se publica o último CXT e a participación ordinaria faise no prazo habitual do CADP (finais de xuño). Pola contra, o colectivo de profesorado con destino definitivo só participaría no CADP a través da comisión, polo que non tería que facer a solicitude ordinaria do CADP.

ProvinciasOrdenar as provincias

Cando participo no CADP é obrigatorio que ordene as provincias?

Depende do teu colectivo de participación. Se es interina ou substituta non estás obrigada e facéndoo estarías indicando que aceptarías interinidades de CADP en calquera centro ou localidade da Comunidade. No caso do colectivo de funcionarias en prácticas ou en expectativa de destino, si é obrigatorio ordenar as 4 provincias, xa que a este persoal adxudicaráselle destino de oficio no caso de que non houbese vacante nas súas petición e esta adxudicación de oficio faise alfabeticamente segundo a orde de provincias indicada.

BilingüismoSolicitar vacantes bilingües

Que preciso para poder solicitar vacantes bilingües?

Precisas estar habilitado e para iso debes enviar a persoal o teu B2 ou nivel superior da lingua na que te queiras habilitar a través do propio CADP, por sede electrónica (instancia xenérica - PR004A - dirixida a Recursos Humanos) ou correo a Persoal secundaria ou a Persoal primaria.

Afíns e itineranciaImpartir afíns

Que formación preciso para poder seleccionar materias afíns?

As materias afíns carecen de regulación, polo tanto non precisas absolutamente ningún tipo de formación para solicitar as afíns que voluntariamente te vexas capacitada para impartir.

BilingüismoAfíns e itineranciaDuplicar peticións con afín e itinerancia

É preciso duplicar as peticións con afín, itinerancia e bilingüismo?

No caso das afíns e da itinerancia non, xa que unha petición con afín e itinerancia xa implica pedila de xeito preferente sen afín e sen itinerancia. Distinto é o caso do bilingüismo, xa que aquí si que é preciso duplicar a petición con e sen bilingüismo.

ParticipaciónNúmero de peticións axeitado

Hai un número mínimo de centros ou localidades que se deban pedir?

Non hai un número mínimo, mais na maioría dos casos o máis razonable é facer o máximo número de peticións posible, sobre todo se pertences a un colectivo ao que lle teñen que dar un destino si ou si, como por exemplo funcionarias en prácticas ou docentes en expectativa de destino.

ParticipaciónNon participar estando obrigado

Que consecuencias pode ter non participar no CADP estando obrigada a facelo?

O primeiro que debes ter en conta antes de que che responda esta dúbida é que, se participaches desde 2018 no CADP pero este ano non o fixeches, non habería ningún tipo de consecuencia porque nese caso concursas igualmente coa última instancia que presentaras desde 2018. Aclarado isto, se a túa situación é outra (por exemplo que consolidaras o teu posto este ano) e non participaches no CADP, a consecuencia é a expulsión das listas. Se estás nesta situación e queres continuar nelas o que che recomendo é que envíes unha instancia xenérica pola sede electrónico a RRHH argumentando os motivos polos que desexas permanecer nas listas de substitución. Iso si, isto só é unha posible solución que en ningún caso che garante que RRHH vaia aceptar a túa solicitude de continuidade.

AdxudicaciónPrazosData de adxudicación

Cando se adxudica o CADP?

O CADP adxudícase provisionalmente a finais de xullo e a comezos de agosto sae a resolución definitiva.

AdxudicaciónOrde de adxudicación

Cal é a orde de adxudicación do CADP?

A Orde que regula este procedemento, no seu artigo 24, recolle como se realiza a adxudicación e que colectivos teñen preferencia.

AdxudicaciónCambios entre provisional e definitiva

Pode haber cambios entre a adxudicación provisional e definitiva?

Por suposto, e poden ser cambios para mellor ou para peor. Os cambios normalmente prodúcense por renuncias e por aparición, modificación ou supresión de vacantes.

AdxudicaciónErros na adxudicación

Hai erros na miña adxudicación, que podo facer?

O primeiro que debes ter en conta é que o CADP é un procedemento que non adoita ter moitos erros na adxudicación, así que o primeiro que debes facer é revisar a conciencia se realmente existe algún tipo de problema coa túa praza adxudicada. Para estudar a túa adxudicación precisas ter coñecemento da Orde que regula este concurso, polo que, se consideras que non tes o dominio suficiente deste procedemento, o que che recomendo é que te poñas en contacto cun sindicato para que che axuden a entender a túa adxudicación.
Unha vez que comprobes que efectivamente a túa adxudicación é incorrecta debes reclamar. Se o erro ocorre na adxudicación provisional debes reclamar nos prazos establecidos e se tivese lugar na adxudicación definitiva deberás interpoñer un recurso de reposición. Nese caso, sempre é bo botar man do sindicato no que esteas afiliada.

PrazosRenunciaPrazo de renuncia

Cales son os prazos para renunciar a participar no CADP?

Do 15 ao 31 de maio e no período de reclamacións á adxudicación provisional do CADP, que adoita ser a finais de xullo.

RenunciaMotivos de renuncia

Cales son os motivos de renuncia ao CADP?

O colectivo de interinas e substitutas pode renunciar ao CADP sempre e cando teña un dos motivos que o Acordo de interinas recolle no seu artigo Décimo quinto.

RenunciaRenunciar estando en varias listas

Se estou en varias listas que posibilidades teño con vistas ás renuncias do CADP?

Estando en varias listas vas poder renunciar á adxudicación do CADP naquelas que ti consideres sen necesidade de ningún tipo de xustificación sempre que sigas participando polo menos nunha. Neste caso ten en conta que se non che adxudicasen no CADP, quedarías para substitucións en todas as listas, incluso naquelas en que renunciaches participar no CADP. Por outra banda, se decidises renunciar a participar no CADP por todas as listas, neste caso precisarías xustificalo cun dos motivos que recolle o Acordo de interinas no seu artigo Décimo quinto.

RenunciaMatrícula necesaria para renunciar por estudos

De que cantidade de contidos me debo matricular para poder renunciar por estudos?

No caso dos graos deberá efectuarse a matrícula de, polo menos, 30 créditos e acreditar a realización das correspondentes probas ao final do curso académico. Nos supostos do máster ou doutoramento a matrícula deberá realizarse, polo menos, do 30 % dos contidos.

RenunciaLímite para renunciar por estudos

Cantos anos podo renunciar por ampliación de estudos de grao, mestrado ou doutorado?

Un período máximo de tres anos. Excepcionalmente, poderá utilizarse un cuarto e quinto ano, nos estudos de grao e doutoramento. Nos graos será necesario ter cursado e superado un mínimo de 90 créditos da mesma titulación. Para estes efectos non se terán en conta as materias validadas.

RenunciaRenunciar por estudos sen ter aínda xustificación

Como podo renunciar no caso de que aínda non teña a matrícula dos estudos?

Neste caso o que che recomendo é que renuncies igualmente nos prazos establecidos achegando un documento no que expliques que a matrícula achegarala cando a teñas. Deste xeito estás cuberto por se che denegan a renuncia, xa que así poderías solicitala no primeiro chamamento como causa sobrevida por non cha ter aceptado antes.

RenunciaLímite para renunciar por outro contrato laboral

Cantas veces podo renunciar por outro contrato laboral temporal?

As veces que queiras durante 3 cursos académicos.

RenunciaIdade dos fillos para renunciar

A que data se ten en conta a idade no caso da renuncia por coidado de menor de 6 anos?

A 1 de setembro de cada curso académico.

RenunciaCómputo de renuncias

Desde cando computan as renuncias de concello por amplicación de estudos e outro contrato laboral?

No ano 2023 modificouse o Acordo de interinas, establecéndose un límite de 3 anos (5 no mellor dos casos) á renuncia por ampliación de estudos. Este límite comeza a computar no curso 2023/24. Non ocorre o mesmo no caso das renuncias por outro contrato laboral durante 3 cursos académicos, nas que o contador non se pon a cero e contan as que se teñan solicitado en cursos anteriores.

AdxudicaciónRenunciaRenunciar sen adxudicación

Non me adxudicaron na provisional, cando teño que renunciar se non quero traballar o curso que vén?

Independentemente de que che dean destino ou non, podes renunciar no prazo de renuncia entre adxudicación provisional e definitiva.

AdxudicaciónToma de posesión

Que debo facer unha vez que obteño destino na adxudicación definitiva?

Deberás tomar posesión o día 1 de setembro no centro adxudicado.

AdxudicaciónAfíns e itineranciaProvinciasRelación CADP/substitucións

Se non me adxudican unha interinidade no CADP, mantéñense as miñas preferencias de afíns, provincias etc. para cando me chamen para facer substitucións?

Non. O CADP é un procedemento no que se adxudican interinidades e independente dos chamamentos para substitucións, polo tanto calquera petición de afíns, provincia ou localidade que fixeses no CADP non se vai aplicar nos chamamentos. Se o que desexas é que te chamen unicamente para provincias ou localidades determinadas, deberás participar no procedemento de restrición para substitucións.

Ver todas Participación Prazos Baremo Renuncia Toma de posesión Afíns Bilingüismo Habilitacións Itinerancia Traslado Vernáculo
Participación Que é?

Que é o CXT?

É o Concurso Xeral de Traslados no que o persoal funcionario de carreira e o funcionariado en prácticas participan para obter o seu primeiro destino definitivo.

PrazosPrazo de participación

Cal é o prazo de participación no CXT?

Adoita estar en prazo cara outubro/novembro.

ParticipaciónComo participar

Como se participa no CXT?

Cando o procedemento se atopa en prazo adoita haber indicacións na web onde se solicita. Ademais, podes acceder a este titorial onde che explico como se participa. Tamén cada ano fago un directo en Twitch explicando como se participa neste procedemento.

VernáculoVernáculo

Que debo seleccionar en vernáculo?

Vernáculo 1 galego en Primaria e Infantil no corpo de mestras, en Xeografía e historia e Bioloxía e xeoloxía no corpo de secundaria e en todas as especialidadedes de FP. No resto de casos a selección debe ser vernáculo 0 sen requisito lingüístico.

AfínsPeticións con afín

Pódense solicitar vacantes con afíns no CXT?

Non, no CXT non se adxudican prazas con materias afíns.

BilingüismoSolicitar prazas bilingües

Que preciso para poder solicitar vacantes bilingües?

Precisas a habilitación lingüística, que podes solicitala introducindo en Datos persoais, no prazo do CXT, o teu certificado de idiomas de nivel B2 ou superior. Tamén podes envialo por sede electrónica (instancia xenérica - PR004A - dirixida a Recursos Humanos) ou correo a Persoal secundaria ou a Persoal primaria.

ItineranciaPeticións con itinerancia

Se fago peticións con itinerancia debo duplicalas?

Si, debes facer unha petición con itinerancia e outra sen ela no caso de queiras optar ás dúas vacantes.

Bilingüismo ItineranciaAdxudicación de oficio

Pódenme adxudicar de oficio unha vacante bilingüe ou itinerante no CXT?

Non, no CXT non che van adxudicar unha vacante bilingüe ou itinerante se non as solicitaches expresamente.

BaremoPuntuación

Onde podo consultar o que puntúa no CXT?

Nesta mesma páxina web, na sección de Lexislación e, dentro dela, no apartado de mobilidade, podes acceder ao baremo do CXT.

BaremoIdiomas

Que certificados de idiomas puntúan?

Única e exclusivamente os certificados de EOI desde o nivel B1, incluído.

BaremoExperiencia na privada

Puntúa a experiencia no ensino privado-concertado?

Non.

BaremoTitorías como interina/substituta

As titorías e xefaturas de departamento exercidas como interina ou substituta puntúan?

Si, sempre que sexan de curso completo ou teñas nomeamento.

BaremoTitorizar alumnado

Puntúa titorizar alumnado do mestrado de secundaria ou de prácticas universitarias de grao?

Si. Ten en conta que non é compatible con determinadas epígrafes do baremo, por exemplo con calquera cargo do apartado 4.3, polo que, por exemplo, non poderías acumular a puntuación desta titorización coa puntuación dunha titoría ou xefatura de departamento.

BaremoTitorizar funcionariado en prácticas

Puntúa titorizar funcionariado en prácticas que superou o proceso selectivo?

Non.

Baremo RenunciaRenunciar ao baremo

A que puntuación renuncio se selecciono a opción de renuncia ao baremo?

Se participas no CXT renunciando ao baremo computarían unica e exclusivamente os méritos do apartado 1, é dicir, os de antigüidade.

BaremoEntregar o baremo

Teño que presentar o baremo en .pdf que aparece na web do CXT?

Non.

TrasladoVolver a concursar

Se me dan destino definitivo no CXT cando podo volver a participar?

O primeiro ano no teu centro de destino definitivo non podes participar no CXT, mais o segundo xa si, polo que será a partir do terceiro curso cando xa poderás cambiar de centro, é dicir, debes de permanecer dous cursos no centro onde che adxudiquen un destino definitivo.

Toma de posesiónToma de posesión e permutas/comisións

Se me adxudican destino definitivo no CXT pero teño pensando solicitar nunha comisión, concurso ou permuta, teño que tomar posesión igualmente?

Sempre debes tomar posesión do teu destino definitivo antes do 1 de setembro seguindo as instrución que cada ano se publican. Ademais, se provisionalmente obtés outro destino (sexa por comisión, concurso ou permuta) deberás tamén tomar posesión do novo posto o 1 de setembro no centro adxudicado.

RenunciaPrazosPrazo de renuncia

Cando é o prazo de renuncia ao CXT?

Sempre é entre a adxudicación provisional e definitiva do Concurso, mais non se pode precisar más a data xa que a publicación da adxudicación provisional non ten unha data fixa e pode producirse entre febreiro e marzo.

RenunciaQuen pode renunciar

Quen pode renunciar ao CXT?

O persoal que xa teña destino definitivo e, polo tanto, participa voluntariamente no CXT, pode renunciar no prazo establecido entre a adxudicación provisional e definitiva. Este colectivo debe ter en conta que se vai solicitar unha comisión de servizos non pode renunciar. O persoal en expectativa de destino ou en prácticas non pode renunciar a este concurso.

RenunciaRenuncia e Comisións de servizo

Se renuncio ao CXT podo pedir igualmente unha comisión de servizos?

Para poder solicitar unha comisión é obrigatorio participar no CXT, (excepto cando non se poidese participar, por exemplo por estar no primeiro ano nun destino definitivo) polo que se renuncias, non estás participando e non vas poder solicitar a comisión, excepto no caso de que poideses xustificar o motivo da renuncia ou non participación.

PrazosPrazos de resolución

Cando se resolve o CXT?

O CXT resólvese provisionalmente nos meses de febreiro ou marzo e definitivamente nos de abril ou maio. Non se pode precisar unha data máis concreta xa que as resolucións do concurso poden adiantarse ou atrasarse en función de diversas circunstancias, como por exemplo se o Concurso é autonómico (adoita resolverse antes) ou estatal (adoita retrasarse).

HabilitaciónsHabilitacións por primaria

Son do corpo de mestras, habilítanme de oficio por primaria?

Todo o persoal funcionario de carreira que teña algún dos seguinte títulos seralle recoñecida de oficio a especialidade de primaria:
- Título de Graduado ou Graduada que habilite para o exercicio da profesión regulada de Mestre en Educación Primaria.
- Mestre especialidade de Educación Primaria (R.D. 1440/1991).
- Mestre (R.D. 1440/1991) en calquera das súas especialidades.
- Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica en calquera das súas especialidades.
- Mestre de Primeira ensinanza (Plan de estudos de 1967).
- Mestre de Ensinanza Primaria (Plan de estudos de 1950).

TrasladoAlternativas a destinos afastados

Se me dan un destino definitivo moi lonxe, que posibilidades teño de acercarme ao meu domicilio?

Tes varias opcións como distintas comisións de servizo, sempre que teñas dereito a elas, concursos como Asesorías de formación, Asesorías da consellaría, Atención preferente, prazas Convenio ou Programa, EOE, Dirección... Porén, o máis habitual é intentar buscar unha permuta ou permanecer no centro de destino ata acumular os puntos necesarios para concursar a outro destino.

TrasladoCambio de Comunidade

Podo cambiar de comunidade autónoma a través do CXT?

Si, cada dous cursos académicos o concurso é estatal e poderás solicitar traslado a outra comunidade.

Ver todas Comisións de conciliación Comisións de saúde Comisións por concelleira Comisión por violencia de xénero Prazos Adxudicación CXT Dobre participación Intercomunitarias Permutas
Comisións de saúdeComo solicitar unha comisión de saúde

Como se pide unha comisión de saúde?

Cando o procedemento se atopa en prazo adoita haber indicacións na web onde se solicita. Ademais, podes acceder a este titorial onde che explico como se solicitan. Tamén cada ano fago un directo en Twitch explicando como se participa neste procedemento.

PrazosComisións de saúdePrazo de solicitude das comisións de saúde

Cal é o prazo das comisións de saúde?

O prazo de solicitude sempre é o mesmo: 10 días hábiles desde o día seguinte ao que se publique no DOG a adxudicación definitiva do último Concurso de Traslados, que pode ser o de mestras, o de secundaria ou os dous ao tempo.

Comisións de saúdeRequisitos das comisións de saúde

Cales son os requisitos para poder solicitar unha comisión de saúde?

Se é de saúde propia é suficiente con informes médicos e certificado do grao discapacidade, este último se fose o caso. Se son de saúde dun familiar precisas: informe médico, libro de familia, empadroamento colectivo e certificado dun grao de discapacidade do familiar dun 65% ou superior.

Comisións de saúdeLímite temporal das comisións de saúde

Hai algún límite temporal para poder solicitar comisións de saúde?

Desde 2023 non hai ningún límite.

Comisións de saúde PrazosComisións de saúde por causa sobrevida

Cando e por que se pode solicitar unha comisión de saúde por causa sobrevida?

A detección dunha enfermidade grave unha vez que rematou o prazo de solicitude ordinario considérase un motivo para poder solicitar unha comisión de saúde por causas sobrevidas. O prazo de solicitude adoita ser no mes de xullo.

Comisións de conciliaciónComo solicitar unha comisión de conciliación

Como se pide unha comisión de conciliación?

Cando o procedemento se atopa en prazo adoita haber indicacións na web onde se solicita. Ademais, podes acceder a este titorial onde che explico como se solicitan. Tamén cada ano fago un directo en Twitch explicando como se participa neste procedemento.

PrazosComisións de conciliaciónPrazo de solicitude das comisións de conciliación

Cal é o prazo das comisións de conciliación?

O prazo de solicitude sempre é o mesmo: 10 días hábiles desde o día seguinte ao que se publique no DOG a adxudicación definitiva do último Concurso de Traslados, que pode ser o de mestras o de secundaria ou os dous ao tempo.

Comisións de conciliaciónRequisitos das comisións de conciliación

Cales son os requisitos para poder solicitar unha comisión de conciliación?

As comisións poden ser de varios tipos e cada un ten os seus requisitos:
TIPO I: Unha filla ou fillo menor de 4 anos ou de 8 no caso de núcleos familiares dunha única persoa proxenitora.
TIPO II: Dúas fillas ou fillos menores de 6 anos ou de 10 no caso de núcleos familiares dunha única persoa proxenitora. Unha filla ou fillo menor de 6 anos se ten recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
TIPO III: Tres ou máis fillas ou fillos menores de 12 anos ou de 16 no caso de núcleos familiares dunha única persoa proxenitora. Dúas fillas ou fillos menores de 12 anos se un deles ten recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. .

Comisións de conciliaciónIdade das fillas

Que data teño que tomar como referencia para a idade das fillas na comisión de conciliación?

31 de decembro do ano inmediatamente anterior.

Comisións de conciliaciónConciliación en caso de embarazo

Podo solicitar unha comisión de conciliación se estou embarazada ou vou ser pai?

Si, sempre e cando a data probable de parto sexa anterior a marzo do ano seguinte ao da solicitude.

Comisións de conciliaciónParella docente

Se a miña parella é docente, podemos ambos os dous solicitar comisión de conciliación?

Non, só unha das proxenitoras.

Comisións por concelleiraVantaxe das comisións por concelleira

Que vantaxes ten poder solicitar unha comisión por concelleira?

Este tipo de comisións permiten, a quen obtivo acta de concelleira nas eleccións, ter preferencia para obter destino no centro no que se prestaban servizos no momento de ser elixida.

Comisións por concelleiraComo solicitar unha comisión por concelleira

Como solicito a comisión de concelleira?

A diferenza das comisións de conciliación ou saúde, aquí non existe a dobre participación para ningún colectivo, polo que só participarás cunha instancia na modalidade de comisións de servizos por concelleira. Para que che activen esta posibilidade debes solicitalo a persoal por correo electrónico e enviar a credencial de Concelleira.

PrazosComisións por concelleiraPrazo de solicitude das comisións por concelleira

Cal é o prazo para solicitar unha comisión por concelleira?

Este tipo de comisións solicítanse no prazo ordinario de participación no CADP, é dicir, cara mediados-finais de xuño.

Comisión por violencia de xéneroComo solicitar unha comisión por violencia de xénero

Como solicito unha comisión se son vítima de violencia de xénero?

Este tipo de comisións solicítanse, no prazo das comisións de servizo, a través dunha comisión de saúde na que debes achegar a túa sentenza de violencia de xénero. No caso de que estiveses en expectativa ou sexas interina ou substituta debes tamén participar na modalidade ordinaria do CADP, como no caso de calquera outra comisión (excepto as de concelleira). Para protexer a túa intimidade, se foses adxudicada por comisión ou por modalidade ordinaria, comunicaracho directamente Recursos Humanos nunha chamada telefónica e non aparecerás nos listados de adxudicación.

PrazosComisión por violencia de xéneroPrazo de solicitude das comisións por violencia de xénero

Cal é o prazo para solicitar unha comisión por violencia de xénero?

Este tipo de comisións solicítanse no mesmo prazo que as comisións de saúde ou conciliación, é dicir, 10 días hábiles desde o seguinte ao que se publique no DOG a adxudicación definitiva do último CXT que se publique, que pode ser o de mestras, o de secundaria ou os dous simultaneamente.

Comisións de conciliaciónPrazosComisións despois das oposicións

Se supero un proceso selectivo, que comisións podo solicitar?

Poderás solicitar unha comisión de conciliación no prazo de 2 días hábiles desde que se fagan públicas as notas do teu tribunal.

Dobre participaciónDobre participación

Que é a dobre participación?

A dobre participación implica que hai certos colectivos de profesorado como interinas, substitutas, expectativas de destino... que cando solicitan determinadas comisións de servizos participan no CADP coa dita comisión e ademais deben de participar cunha solicitude ordinaria. A primeira faise no prazo das comisións, que é 10 días desde que se publica o último CXT e a participación ordinaria faise no prazo habitual do CADP (finais de xuño). Pola contra, o colectivo de profesorado con destino definitivo só participaría no CADP a través da comisión, polo que non tería que facer a solicitude ordinaria do CADP.

PermutasComisións de servizo e permutas

Tendo concedida unha comisión de servizos, podo permutar?

Non é posible permutar nese caso.

AdxudicaciónAdxudicación dunha comisión

Se teño concedida unha comisión, implica que me vaian adxudicar praza por ela?

Non, xa que ten que haber vacante nos centros que solicitas e ademais nalgún colectivo, como o de interinas e substitutas, hai outros requisitos, como podes ver na seguinte pregunta.

AdxudicaciónAdxudicación dunha comisión a interinas/substitutas

Se son substituta ou interina, que condicións se deben dar para que teña dereito á adxudicación dunha comisión de servizo?

Hai dous condicionantes: que haxa tantas adxudicacións no CADP ao teu colectivo (interinos e substitutos) como posto de orde teñas nas listas de substitución (se fose o caso, deste cómputo forman parte tamén o persoal interino que teñas diante) e que haxa vacante nos centros ou localidades que solicitaches.

AdxudicaciónPreferencia na adxudicación

Se son substituta ou interina e teño concedida unha comisión de saúde, teño preferencia na adxudicación sobre outros colectivos?

Sempre e cando se cumpran as dúas condicións da anterior pregunta, escollerás destino antes que o persoal doutros colectivos.

CXTRenuncia ao CXT e comisións de servizo

Renunciei ao CXT, podo pedir unha comisión de servizos?

Para poder solicitar unha comisión é obrigatorio participar no CXT, (excepto cando non se poidese participar, por exemplo por estar no primeiro ano nun destino definitivo) polo que se renuncias, non estás participando e non vas poder solicitar a comisión, excepto no caso de que poideses xustificar o motivo da renuncia ou non participación.

CXTLocalidades solicitadas e CXT

Tiven que ter pedido no CXT as localidades nas que agora pido a Comisión?

Si, é un dos requisitos, excepto no caso de que poidas xustificar o motivo polo que no CXT non solicitaches as localidades nas que pides a comisión.

IntercomunitariasComisións entre comunidades

Que comisións de servizo se poden pedir entre comunidades?

As comisións de saúde.

Ver todas Permisos Licenzas Reducións de xornada Excedencias Baixa médica Exames finais Imprevistos e asuntos particulares Lactación Maternidade Oposicións Substitucións
PermisosLicenzasReducións de xornadaExcedenciasConsulta de dereitos

Onde podo consultar os permisos, licenzas, reducións de xornada e excedencias aos que teño dereito?

Nesta ligazón atoparás unha sección de permisos e licenzas onde podes consultar a lexislación relacionada con todo o anterior.

PermisosLicenzasSolicitude e destinatario dos permisos e licenzas

Como solicito e a quen dirixo os permisos e licenzas?

Nesta ligazón atoparás unha sección de permisos e licenzas onde podes descargar os anexos precisos para solicitar tanto permisos como licenzas. Os anexos I, II e III son para asistencia a determinadas actividades de formación, mais os que máis vas usar son o IV e V. No anexo IV atoparás os permisos que debes dirixir á XT onde prestas servizos (podes facelo enviando a través da sede electrónica da Xunta unha solicitude xenérica - PR004A) e no anexo V os que dirixirás á dirección do centro.

Reducións de xornadaSolicitude de redución de xornada

Como solicito e a quen dirixo unha redución xornada?

Para solicitar unha media xornada debes enviar unha instancia xenérica pola sede electrónica á Xefatura territorial na que prestas servizos. Nela podes indicar xa a súa finalización ou non, mais neste último caso deberás avisar con 10 días de antelación no caso de que queiras volver á xornada completa. Ademais, para o horario da túa redución debes chegar a un acordo co teu centro.

Reducións de xornadaSolicitude de redución de xornada por coidado de familiar

Que documentación preciso para solicitar unha redución xornada por coidado de familiar?

Depende de se vas solicitar a redución por coidado de familiar ou por garda legal. No primeiro caso precisas o libro de familia e informes médicos (se fose un familiar de segundo grao tamén debes acreditar que non existen familiares de primeiro grao ou, no caso de existir, que están incapacitados para o seu coidado). A redución de xornada por garda legal (que pode ser dun terzo ou de media xornada) pode solicitarse por coidado de fillos menores de 12 anos, de maiores a cargo, dunha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída ou da parella ou familiar de segundo grao que non poidan valerse por si mesmos e non desempeñen actividade retribuída e para xustificala precisas: libro de familia, resolución administrativa da garda legal, xustificación de facenda de que a persoa que desempeña o dereito non desempeña actividade retribuída e a túa declaración responsable de que non desempeñas outra actividade fóra do horario da redución.

ExcedenciasSolicitude de excedencia

Como solicito e a quen dirixo unha excedencia?

Enviando unha instancia xenérica pola sede electrónica dirixida a Recursos humanos.

PermisosLicenzasReducións de xornadaSubstituciónsDereitos como persoal interino/substituto

Como substituta a que permisos, licenzas e reducións de xornada teño dereito?

Como persoal substituto ou interino tes os mesmos dereitos a respecto de permisos e licenzas que calquera docente.

PermisosImprevistos e asuntos particularesImprevistos e asuntos particulares

De cantos días de asuntos propios e horas de imprevistos dispoño ao largo dun curso académico?

Catro de asuntos propios, dos cales dous poden ser en días lectivos. 24 horas de imprevistos.

PermisosSubstituciónsImprevistos e asuntos particularesImprevistos e asuntos particulares como interina/substituta

A cantos días de asuntos propios e horas de imprevistos teño dereito como substituta?

Aos mesmos que calquera docente: 24 horas de imprevistos e 4 días de asuntos propios, dos cales dous poden ser en días lectivos.

PermisosExames finaisPermiso para exames finais

A canto tempo teño dereito para asistir a exames finais?

O permiso para asistir a exames finais é de todo o día.

LicenzasOposiciónsLicenza para preparar oposicións

Podo pedir algún tipo de permiso ou licenza para estudar para as oposicións?

Podes, sempre que esteas treballando, botar man da licenza por asuntos propios, que che permite dispor de 3 meses cada 2 anos. Ten en conta que é unha licenza non remunerada e que está supeditada ás necesidades do servizo e á dispoñibilidade de profesorado para substituírte. Tampouco é recomendable solicitala con excesiva antelación, é suficiente cun par de semanas, xa que poden denegarcha por descoñecer se no período para o que pides a licenza vai haber profesorado suficente para substituírte.

PermisosImprevistos e asuntos particularesComunicar un imprevisto

Preciso solicitar un imprevisto, debo comunicalo con antelación?

O concepto imprevisto é incompatible coa idea de avisar con antelación. Se non queres ter problemas cos teus imprevistos, non debes comunicalos con antelación, simplemente solicitalos unha vez que se produciron.

PermisosMaternidadePermiso de maternidade

Cales son os pasos a seguir despois de dar a luz?

Os trámites que debes realizar son:
1. Se estabas de baixa, solicitar a alta.
2. Pedir o certificado de maternidade.
3. Comunicarlle ao centro que precisas substituta.
4. Rexistrar a filla ou fillo no rexistro civil.
5. Solicitar o permiso de maternidade.

PermisosMaternidadePermiso de maternidade en caso de aborto

Tiven un aborto, teño dereito ao permiso de maternidade?

Se o feto tiña 180 días ou máis, si.

PermisosMaternidadeSubstituciónsChamamento estando de permiso de maternidade

Que ocorre se me chaman para substituír e estou gozando do permiso de maternidade?

Neste caso comenta coa funcionaria que te chame a túa situación e vaiche explicar que che farán un contrato adminitrativo coa finalidade de que os servizos que che corresponderían prestar che sexan recoñecidos. Este contrato administrativo tamén pode ter efectos económicos cando non tiveses dereito ás prestacións correspondentes do INSS.

PermisosLactaciónSubstituciónsPermiso de lactación para interinas/substitutas

Son interina, canto me corresponde de lactancia?

Van darche o tempo proporcional que che corresponda desde o parto ata que che remate o contrato. Despois os días que che falten poderías pedilos co seguinte contrato e antes de que o bebé cumpra un ano.

Reducións de xornadaRedución de xornada e horario lectivo

Nunha media xornada, cal é o máximo número de horas lectivas semanais?

12-13 horas en primaria e 10 en secundaria.

ExcedenciasSubstituciónsSolicitude de excedencia como persoal interino/substituto

Que excedencias podo solicitar como interina ou substituta?

Unicamente a excedencia por coidado de familiar.

ExcedenciasSubstituciónsExcedencia para traballar noutro corpo como interina

Son funcionaria de carreira e tamén estou nas listas de substitución doutro corpo, cal é a excedencia que teño que solicitar para traballar como interina?

Neste caso deberás solicitar unha excedencia voluntaria para a que precisas 3 anos previos de servizos prestados. Ademais, se o tiveses, perdes o destino definitivo.

ExcedenciasExcedencia para traballar noutro corpo como funcionaria de carreira

Son funcionaria de carreira de dous corpos, cal é a excedencia que teño que solicitar no que non desexo prestar servizo?

Neste caso deberás solicitar unha excedencia por prestación de servizos no sector público. Ademais, se o tiveses, perdes o destino definitivo.

LicenzasBaixa médicaComunicar unha baixa médica

Como comunico unha baixa por enfermidade?

Para comunicar un parte de baixa, confirmación ou alta debes usar a páxina web de datos persoais. Aquí podes ver un titorial sobre como subir os anteriores partes.

LicenzasBaixa médicaRecuperar as vacacións de agosto

Estiven de baixa no mes de agosto, podo solicitar recuperar o mes de vacacións?

Si, sempre e cando estiveses tamén de baixa en xullo ou no seu defecto poidas demostrar que estiveches traballando ese mes.

Ver todas Nómina Trienios e sexenios Retención IRPF Baixas Compatibilidade Mobilidade xeográfica Substitucións
NóminaEntender a nómina

Onde me poden explicar todos os conceptos da nómina?

Se tes dúbidas sobre a túa nómina debes porte en contacto coa sección de nóminas da Xefatura territorial onde prestas servizos. Ademais, podes ver este titorial onde che explico moitos dos conceptos que forman parte da túa nómina.

NóminaCambiar o número de conta

Cales son os pasos para cambiar o número de conta no que recibo a nómina?

Podes seguir este titorial para cambiar o número de conta no que recibes os haberes.

Retención IRPF

Cal é retención axeitada que debo solicitar na miña nómina?

Retención de IRPF

A retención calcúlase en funcións das circunstancias persoais polo que se precisas axuda para calcular a túa retención recoméndoche que te poñas en contacto co servizo de nóminas da provincia onde traballas. Podes atopar o contacto de nóminas nesta mesma páxina web na sección de Directorio.

Retención IRPFCambiar a retención de IRPF

Como debo cambiar a retención de IRPF da miña nómina?

Primeiro debo aclararche que a retención de IRPF é algo que se regula automaticamente na túa nómina, mais se aínda así prefires cambiala o que debes facer é, por un lado enviar unha solicitude de modificación da retención ao servizo de nóminas da provincia onde prestas servizos (podes facelo por correo electrónico ou cunha instancia xenérica a través da sede electrónica dirixida á túa Xefatura territorial) e por outro enviar á XT o modelo 145 no caso de que mudase a túa situación persoal.

Mobilidade xeográficaMobilidade xeográfica

O profesorado ten dereito á dedución no IRPF por mobilidade xeográfica?

Si, sempre e cando cumpras os seguintes requisitos: estar inscrito previamente como demandante de emprego, aceptar un posto de traballo nunha localidade distinta á da residencia habitual e que se traslade a residencia habitual a unha nova localidade.

Trienios e sexeniosSolicitar trienios e sexenios

Como se solicitan os trienios e sexenios?

Non é preciso solicitalos. No caso dos sexenios precisas perfeccionar 100 horas de formación para que che sexan recoñecidos de xeito automático.

Trienios e sexeniosRequisitos dos sexenios

Para poder cobrar un sexenio, cantas horas de formación preciso?

Necesitas perfeccionar 100 horas no tempo no que cumpriches o sexenio.

Trienios e sexeniosServizos na privada/concertada para trienios e sexenios

O tempo de servizos prestados no ensino privado ou concertado computa para trienios ou sexenios?

Non.

Trienios e sexeniosVacacións retribuídas e non gozadas para trienios e sexenios

Os días de vacacións retribuídas e non gozadas computan para trienios e sexenios?

Aínda non os están tendo en conta.

Trienios e sexeniosTrienios noutras administracións

Como solicito o recoñecemento de trienios doutras administracións?

A continuación, explícoche os pasos para solicitar o recoñecemento dos servizos prestados noutras administracións:
1) Solicitar na administración de orixe unha folla de servizos conforme este Anexo I de servizos previos. A folla de servizos que che envíen ten que ter todos os campos do Anexo 1.
2) Despois envías á Xefatura Territorial este Anexo II cuberto xunto coa folla de servizos da outra administración e unha instancia explicando que solicitas que che recoñezan para trienios os servizos prestados na outra administración. .

BaixasIncrementos retributivos estando de baixa

Estou de baixa e correspóndeme un incremento retributivo (trienio, sexenio, subas salariais...) mais non me subiu a nómina, a que se debe?

A Lei 3/2018 de medidas fiscais e administrativas garantiu a percepción do 100% das retribucións que se percibisen no mes que se colle a baixa, mais sen ter dereito a cobrar os incrementos retributivos que se poidan producir ao longo dunha baixa de longa duración.

NóminaSubstituciónsNóminas para persoal substituto

Cando cobramos as persoas substitutas?

Todas as docentes cobramos a finais de mes, mais no caso das substitutas, cando o voso contrato comeza a partir dos primeiros días dun determinado mes, o habitual é que cobredes a finais do seguinte mes ao que comezastes a traballar.

SubstituciónsCobro do verán para substitutas

Cobro o verán se traballo como substituta un determinado tempo?

Non, só tes dereito a percibir a remuneración correspondente ás vacacións que xeraras durante o curso, sempre e cando non che fosen pagadas con anterioridade, e á parte correspondente da extra. Estes dous conceptos adoitan cobrarse no mes seguinte ao que se remata a relación contractual coa Consellaría. É certo que o Acordo de interinas recolle a posibilidade de cobrar o verán para quen traballe máis de cinco meses e medio durante o curso académico, mais isto non é de aplicación desde o ano 2012.

SubstituciónsPrestación por desemprego

Como persoa substituta podo solicitar a prestación por desemprego?

Si. Se cumpres os requisitos para ter dereito a ela, tes un prazo de 15 días desde que rematou o teu contrato (incluídos os días de vacacións retribuídas e non gozadas que che correspondan) para solicitar a prestación.

CompatibilidadeCompatibilizar varios traballos

Quero compatibilizar o meu traballo con outro, onde me teño que informar?

No servizo de compatibilidades, cuxo contacto podes atopar aquí.

Ver todas Lexislación Xornada laboral Reducións de xornada Reducións horarias
Xornada laboralXornada laboral total

De cantas horas consta a miña xornada laboral semanal?

Se pertences ao corpo de primaria, o teu horario semanal é de 37,5 horas, das cales 25 son lectivas. Se es docente dos corpos de secundaria o teu horario é de 37,5 horas das cales 20 son de horario lectivo.

Xornada laboralHoras lectivas e complementarias nun colexio

Nun colexio cantas son as horas lectivas e cantas as complementarias?

25h lectivas, cinco complementarias fixas (titorías, reunións etc) e 7,5 horas de traballo na casa.

Xornada laboralHoras lectivas e complementarias nun IES

Nun IES cantas son as horas lectivas e cantas as complementarias?

20h lectivas, tres complementarias fixas (2 gardas e unha titoría), 7 complementarias non fixas (reunións varias) e 7,5 horas de traballo na casa.

Xornada laboralHorario lectivo máximo

Cal é o máximo número de horas lectivas semanais no meu horario?

25 en primaria e 20 en secundaria.

Xornada laboralReducións de xornadaHoras lectivas nas reducións de xornada

Cal é o máximo número de horas lectivas semanais nunha media xornada?

12-13 horas en primaria e 10 en secundaria.

Xornada laboralReducións de xornadaNúmero de grupos en EOI

Son profesora de EOI, cantos grupos me quedan se reduzo media xornada e cantos se reduzo un terzo?

En ambos os dous casos terías dous grupos e outros dous a persoa que te substitúa.

Xornada laboralHorario lectivo diario máximo

Hai un número máximo de horas lectivas que podo impartir ao día?

Si, 5 no caso dos centros de primaria e ensinanzas de secundaria e 6 nos casos das ensinanzas de FP.

Xornada laboralHorario de mestras en IES

Son mestra pero traballo nun IES, cantas horas de presenza no centro teño?

Ao traballar nun centro de educación secundaria tes o horario de permanencia deste tipo de ensinanzas: 23 horas semanais.

LexislaciónLexislación

Onde está regulada a Orde de elección de horarios?

Podes consultar aquí, na sección de horarios, a súa orde de elección en función do tipo de centro no que prestas servizos.

LexislaciónEscoller cursos inferiores

Onde está regulado que sendo funcionaria de carreira debo escoller cursos superiores?

A Orde do 28 de xuño de 2010 establece que non se poden elixir cursos inferiores cando quedasen os superiores para profesorado de afíns ou interinas.

LexislaciónElección interinas

Se nun departamento somos varias interinas, quen elixe horario primeiro?

A orde establécea a lista de substitucións, polo que escollerá primeiro quen teña o mellor posto.

LexislaciónElección EOI

Para a escolla de horarios en EOI, en que lexislación nos debemos basear?

Na Orde do 5 de agosto de 2011, cuxo artigo 11.3 está anulado por sentenza xudicial, polo que no seu lugar debe terse en conta o artigo 46 da Circular 10/2004.

Xornada laboralHorario mínimo de permanencia

Cal é o horario mínimo de permanencia no centro?

3 horas.

Xornada laboralGardas e titorías simultáneas

Poden poñerme garda e titoría de pais na mesma hora?

Se estás nesa situación reclama o teu horario e fala co equipo directivo. É certo que por necesidades do centro poden porche algo así pero sempre hai que reclamar porque unha hora de titoría non é unha de garda.

Xornada laboralGardas de comedor

Pódenme obrigar a facer gardas de comedor?

Non, son voluntarias.

Reducións horariasRedución por xefatura de departamento

Que redución horaria teño como xefatura de departamento?

Desde 1 ata 3 horas, tendo en conta que no caso de departamentos unipersoais a redución é máximo de 1 hora.

Reducións horariasRedución por itinerancia

Estou itinerando entre dous centros da mesma localidade, por que non teño redución horaria?

A itinerancia que dá dereito á redución horaria é a que se produce entre distintas localidades.

Reducións horariasRedución por itinerancia

Na redución de horario lectivo por itinerancia, cal é a distancia que se debe ter en conta?

A que haxa entre os dous centros, ida e volta.

Xornada laboralReunións mínimas

Cales son as reunións mínimas que se deben celebrar?

Claustros: 1 ao trimestre.
CCP: 1 ao mes.
Departamento: 1 ao mes.

Ver todas Bolsa de permutas Requisitos Prazos Adxudicación provisional Afíns e bilingüismo Comisións de servizo Destino definitivo Horarios Notificación
RequisitosPermutas a 2 e a 3

Como e con cantas persoas podo permutar?

Podes permutar con dúas ou máis persoas e aquí tes un titorial de como facelo.

Bolsa de permutasOnde buscar e atopar permutas

Onde podo buscar permutas?

Aquí podes atopar a bolsa de permutas máis grande Galicia.

Bolsa de permutasBolsa de permutas oficial

Existe unha bolsa de permutas oficial da Consellaría de Educación?

Existiu hai anos, a día de hoxe non hai unha bolsa de permutas oficial.

PrazosPrazos para permutar

Cales son os prazos para permutar?

10 días hábiles desde o día seguinte da publicación do CADP definitivo e 4 días hábiles desde o día 1 de setembro de cada curso escolar. Para persoal non obrigado a participar no CADP o prazo é do 15 ao 31 de xullo.

RequisitosRequisitos para permutar

Cales son os requisitos para permutar?

Os requisitos para permutar pódense consultar aquí, na sección de mobilidade>permutas

RequisitosLímites para permutar

Cantos cursos podo permutar?

En principio non hai ningún límite. É certo que a partir do terceiro será unha comisión quen acepte ou non a permuta, mais esa comisión non adoita poñer impedimento ningún sempre e cando se cumpran os requisitos para permutar.

RequisitosLímites para permutar por curso

Cantas veces podo permutar no mesmo curso?

En principio só unha vez (ou dúas se estás facendo unha permuta a tres). É certo que en moitas ocasións hai persoal que conseguiu permutar máis dunha vez no mesmo curso, probablemente porque a administración foi laxa á hora de revisar esta cuestión.

Adxudicación provisionalPermutar destinos provisionais

Ten sentido que busque unha permuta na adxudicación provisional dun concurso?

Non ten sentido permutar prazas que descoñeces se che adxudicarán na resolución definitiva, polo tanto se participas no CXT ou CADP non permutes nunca o teu destino ata que a adxudicación sexa definitiva.

Comisións de servizoPermutas e comisións de servizo

Podo permutar se teño concedida unha comisión de servizo ou con alguén que a teña?

Non é posible permutar nese caso.

RequisitosPermutar con outros colectivos

É posible permutar con alguén que non sexa do mesmo colectivo ca min?

Non hai ningún tipo de restrición neste sentido, polo que un interino pode permutar cun definitivo, unha substituta cunha docente en expectativa etc.

RequisitosPermutar con outros corpos

Podo permutar a mesma especialidade en distinto corpo, por exemplo, inglés de secundaria con inglés de EOI?

Non, as permutas deben de facerse entre persoal do mesmo corpo e especialidade.

Afíns e bilingüismoPermutar vacantes con afín e bilingüismo

Podo permutar unha praza con afín e bilingüe?

As prazas con afíns, aínda que sexan distintas, pódense permutar sen problema, mais non podo dicir o mesmo dunha vacante bilingüe cunha que non sexa do mesmo tipo, indepedentemente de que posúas o requisito lingúístico.

Destino definitivoPermutar con nova definitiva

Podo permutar se me dan o meu primeiro destino definitivo?

Por suposto.

Destino definitivoPermutas entre definitivos e provisionais

Se non participo no CADP podo permutar con persoal que participe nese concurso?

Si, no teu caso tes un prazo específico (do 15 ao 31 de xullo) para permutar con persoal que se atope na túa mesma situación, mais non implica que non poidades permutar con alguén provisional nos prazos que se abren despois da adxudicación definitiva do CADP.

Destino definitivoPuntuación para CXT

Se teño destino definitivo e permuto, puntúo igual que se estivese na miña definitiva?

Exactamente igual, como no caso de comisións de servizo, liberacións sindicais etc.

HorariosPermutas e preferencia na elección de horario

Se permuto teño as mesmas preferencias de elección de horario que tiña no centro do que veño?

A permuta non mantén en ningún caso as preferencias de elección de horarios que poideses ter no teu centro anterior.

NotificaciónNotificación de permutas

Como me notifican a concesión dunha permuta?

A adminitración normalmente envía por correo electrónico a resolución de concesión ás persoas que forman parte dunha permuta. De todos xeitos, recoméndoche consultar en Datos persoais o teu expediente electrónico e nel a pestana 3.1.Servizos, xa que aí poderás ver a túa permuta concedida antes de que cho comunique a Consellaría.

Ver todas Idade Simulador Solicitude
SolicitudePrórroga

Con cantos meses de antelación debo solicitar unha prórroga?

Cunha antelación mínima de 3 meses e máxima de 4.

SolicitudeCando solicitar a xubilación

Con cantos meses de antelación debo solicitar a xubilación?

Cun mínimo de 3 meses.

IdadeIdade de xubilación

Voume poder xubilar aos 60 anos?

Depende da data desde a que es funcionaria de carreira. Se o es con anterioridade ao ano 2011 pódeste xubilar aos 60 anos coa pensión máxima se cotizaches 32 anos (no grupo A1) e 35 anos (no grupo A2). No caso de ser funcionariado de carreira desde xaneiro de 2011 ou persoal interino deberás ter en conta a seguinte información:
Ano 2023: 37 anos e 9 meses cotizados, aos 65 anos. Menos anos cotizados dos anteriores, 66 anos e 4 meses.
Ano 2024: 38 anos cotizados, aos 65 anos. Menos anos cotizados dos anteriores, 66 anos e 6 meses.
Ano 2025: 38 anos e 3 meses cotizados, aos 65 anos. Menos anos cotizados dos anteriores, 66 anos e 8 meses.
Ano 2026: 38 anos e 3 meses cotizados, aos 65 anos. Menos anos cotizados dos anteriores, 66 anos e 10 meses.
Ano 2027: 38 anos e 6 meses cotizados, aos 65 anos. Menos anos cotizados dos anteriores, 67 anos.

SimuladorCálculo da xubilación

Hai algún lugar onde poda facer unha simulación da miña xubilación?

Si, nesta páxina web.

Ver todas Direccións Códigos Consellaría contacto Disciplina Ensino privado Folga Lexislación Muface Prazos Ratios PESSFP NRP
CódigosCódigos

Onde se poden consultar os códigos dos centros?

Por exemplo, nesta páxina web, no menú da esquerda, en anexos.

RatiosRatios

Cal é a ratio de alumnado por aula?

25 en infantil e primaria, 30 en secundaria e 33 no bacharelato.

FolgaFolga

Cando hai convocada unha folga, teño que comunicarlle a miña asistencia a ela ao centro dalgún xeito?

De ningunha maneira. Unha folga é un dereito para o que en ningún caso tes obriga de avisar.

DirecciónsDireccións

Onde podo consultar as funcións dun cargo directivo?

Neste caso deberías revisar o Regulamento Orgánico de Centro, que podes consultar aquí.

DirecciónsDireccións

Como membro de equipo directivo, quen debe aceptar a miña dimisión?

A dirección, e a da propia directora a xefa territorial.

DirecciónsDireccións

Con canta antelación teño que convocar un claustro?

Os ordinarios cunha antelación mínima dunha semana, os extraordinarios mínimo con 48 horas e para os urxentes non é preciso convocar con antelación.

DisciplinaDisciplina

Onde están reguladas as faltas disciplinarias?

Neste caso deberías revisar o título IX da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia, que podes consultar aquí.

DisciplinaDisciplina

Cales son os pasos a seguir nun expediente disciplinario?

Podes consultalos aquí.

Consellaría contactoConsellaría contacto

Onde podo consultar o contacto dos distintos departamentos da Consellaría?

Podes consultar os teléfonos e correos electrónicos da Consellaría de Educación nesta mesma páxina web no buscador da sección de Directorio.

LexislaciónLexislación

Onde podo atopar toda a lexislación educativa?

Aquí.

Ensino privadoEnsino privado

Cando e como podo habilitarme para o ensino privado?

Durante o curso académico ábrese varias veces a posibilidade de solicitar a habilitación para o ensino privado. Podes consultar a información sobre os prazos e como habilitarte nesta web, onde ademais dispós duns teléfonos nos que resolver as túas dúbidas. Lembra que solicitar unha habilitación no ensino privado simplemente dá a posibilidade de poder traballar nese tipo de centros, mais nin se entra nunha bolsa de traballo nin ter a habilitación implica que os centros te vaian para ofrecerche un posto de traballo.

Ensino privadoEnsino privado

Teño unha oferta de traballo dun centro privado pero non está en prazo a solicitude de habilitación, que podo facer?

Se estás nese caso, ponte en contacto coa Xefatura territorial da provincia onde se atopa o centro no que vas traballar e expón o teu caso.

PrazosPrazos

Cales son os prazos dos distintos procedementos nos que podemos participar as docentes?

A información sobre as datas de cada procedemento pódese consultar en Discord na canle #datas-interese. Ademais, na páxina de inicio desta mesma web hai unha sección cos procedementos actualmente abertos.

MufaceMuface

Que é MUFACE?

Muface é a mútua á que pertencerás como funcionaria en prácticas e de carreira. Nela deberás escoller entre asistencia médica de entidades sanitarias públicas ou privadas.

MufaceMuface

Cando podo cambiar a miña entidade médica en MUFACE?

Cada mes de xaneiro.

PESSFPPESSFP

Cales son as especialidades que conforman o corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares da Formación Profesional?

Cociña e pastelaría
Estética
Fabricación e instalación de carpintaría e moble
Mantemento de vehículos
Mecanizado e mantemento de máquinas
Patronaxe e confección
Peiteado
Produción en artes gráficas
Servizos de restauración
Soldadura

NRPNRP

Onde podo atopar o meu Número de Rexistro persoal?

Hai varios lugares onde podes acceder a el, como por exemplo no BOE no que te nomearon funcionaria de carreira, en FPROFE, nunha folla de servizos, que podes solicitar en Datos persoais na sección de Expediente electrónico>servizos, nun recoñecemento de trienios ou sexenios etc

   Aínda con dúbidas?

Enviar
1
Tes algunha dúbida?
Ola, son Pablo 😉
En que che podo axudar?