Sube o ficheiro CSV de Xade para comezar
1. Descarga dos datos (XADE)
Para que a aplicación poida analizar as cualificacións, primeiro debes descargar o ficheiro oficial dende a plataforma Xade seguindo estes pasos:
- Entrar en XADE e premer en INFORMES - INFORMES PREDEFINIDOS
- Premer en EXPORTAR DATOS
- Premer no informe ED014 - Cualif. materias
- Seleccionar: Ensinanza, Curso, Grupo
- Premer en Obter informe
- Ir ó Buzón e descargar o informe xenerado
2. Guía de uso de XADE PRO
Esta ferramenta procesa os datos 100% de forma local no teu ordenador, garantindo a privacidade absoluta do alumnado.
👥 Por Clase / Global
Analiza o rendemento xeral do curso ou clase.
Interactivo! Fai clic nas tarxetas, nas cores da gráfica ou no nome das materias no eixo esquerdo da gráfica para ir á súa análise detallada.
👤 Por Estudante
Mostra o expediente numérico individual. Se fas clic sobre o nome dunha materia na táboa, o sistema levarate directamente a consultar as súas estatísticas.
📚 Por Materia e Cualificacións
Filtra os datos da materia seleccionada de forma visual ou en listaxe numérica. Oculta a Extr. na ESO segundo a LOMLOE e herda as notas automaticamente no resto de etapas.
📥 Descargar Excel
Xera un ficheiro Excel multipestana coas notas medias limpas para todas as túas memorias.
Descarga unha copia da ferramenta para utilizala desde o teu ordenador, gardala, compartila ou modificar o seu código.