Política de Privacidade e Termos de Uso
Documento informativo sobre o tratamento de datos, as comunicacións da plataforma e as condicións de uso de ProfesoradoGalicia.com.
Política de Privacidade
A presente Política de Privacidade regula o tratamento dos datos persoais recollidos a través da plataforma ProfesoradoGalicia.com, en cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos (RXPD) e da Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD), así como da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSI), cando resulte aplicable ás comunicacións electrónicas.
1. Responsable do tratamento ⌄
Nome: Pablo Rodríguez Vila
Correo electrónico: pablo@profesoradogalicia.com
2. Datos que recompilamos ⌄
Segundo o uso que se faga da plataforma, poderemos tratar:
- Datos de conta e rexistro: nome e apelidos, nome de usuario, correo electrónico, contrasinal almacenado de forma cifrada/hasheada e preferencias de comunicacións e notificacións.
- Datos achegados pola persoa usuaria: contido publicado (anuncios, descricións, imaxes e información que decida incluír), mensaxes, solicitudes e respostas enviadas mediante os formularios e ferramentas da plataforma.
- Uso dos proxectos: identificadores de usuario e datos mínimos sobre a participación en servizos como publicacións, contactos, conversas ou outras accións, cando sexan necesarios para prestar o servizo, elaborar estatísticas agregadas ou seleccionar comunicacións relacionadas cos proxectos utilizados.
- Campañas web e avisos internos: campaña mostrada, data e número de visualizacións, lectura, confirmación, peche, descarte, clics e demais interaccións necesarias para controlar a frecuencia e evitar repeticións innecesarias.
- Comunicacións por correo: destinatario, campaña, estado da cola, data prevista e real de envío, intentos, erros técnicos, clics nas ligazóns e solicitudes de baixa ou oposición. Non se emprega un píxel invisible para rexistrar a apertura dos correos.
- Avisos, alertas e subscricións: datos necesarios para xestionar as preferencias activadas, incluíndo identificadores técnicos cando sexa imprescindible, por exemplo en servizos baseados en plataformas de terceiros.
- Datos técnicos e de seguridade: rexistros mínimos como IP, data e hora, axente de usuario e eventos de seguridade, para prevención de abuso, diagnóstico de erros e estabilidade do servizo.
3. Finalidade do tratamento dos datos ⌄
- Xestionar o rexistro, a autenticación, a seguridade e o acceso aos recursos.
- Prestar, manter e mellorar os servizos dispoñibles na plataforma.
- Permitir a publicación, edición e xestión de contido e a comunicación entre persoas usuarias cando proceda.
- Enviar comunicacións necesarias vinculadas ao funcionamento da conta ou ás accións realizadas: confirmacións, recuperación de acceso, avisos operativos, mensaxes recibidas, cambios no estado de publicacións, alertas activadas e incidencias que afecten ao servizo.
- Mostrar dentro da web campañas, modais e avisos internos sobre novidades, cambios técnicos, funcionamento, continuidade, sustentabilidade e necesidades de financiamento de ProfesoradoGalicia.com e dos proxectos utilizados.
- Enviar por correo información sobre servizos propios, novidades, actualizacións, continuidade ou campañas de apoio e financiamento cando exista unha base xurídica aplicable e respectando as preferencias e o dereito de oposición da persoa destinataria.
- Segmentar as comunicacións en función dos proxectos utilizados, da actividade ou doutras condicións obxectivas, coa finalidade de reducir mensaxes irrelevantes. Esta segmentación non produce decisións con efectos xurídicos nin efectos significativamente similares sobre as persoas usuarias.
- Xestionar a cola de correo, evitar envíos duplicados, controlar os límites técnicos, detectar erros, contabilizar envíos e clics e aplicar automaticamente as baixas.
- Xestionar consultas e exercer ou atender dereitos en materia de protección de datos.
- Previr fraude, abuso e accesos non autorizados, e manter rexistros técnicos mínimos.
4. Lexitimación do tratamento ⌄
- Execución dunha relación de servizo (art. 6.1.b RXPD): xestión da conta, funcionalidades solicitadas e comunicacións operativas necesarias para prestalas.
- Consentimento (art. 6.1.a RXPD): subscricións, alertas voluntarias e comunicacións non necesarias cando esta sexa a base aplicable. O consentimento poderá retirarse en calquera momento.
- Interese lexítimo (art. 6.1.f RXPD): seguridade, prevención de abuso, mantemento e mellora técnica, estatísticas limitadas, comunicacións internas relacionadas coa plataforma e información sobre a continuidade e sustentabilidade dos servizos, cando proceda tras a correspondente ponderación.
- Relación previa e normativa de servizos da sociedade da información: cando resulte aplicable, poderán enviarse comunicacións sobre servizos propios relacionados, respectando en todo caso os requisitos legais e ofrecendo un mecanismo sinxelo e gratuíto de oposición.
- Obrigas legais (art. 6.1.c RXPD): conservación ou comunicación de información cando unha norma o esixa.
A persoa usuaria poderá opoñerse en calquera momento ao tratamento con fins de mercadotecnia directa. Exercida a oposición, os seus datos deixarán de empregarse para esa finalidade.
5. Almacenamento e seguridade dos datos ⌄
Os datos almacenaranse en sistemas protexidos e aplicaranse medidas técnicas e organizativas razoables para evitar accesos non autorizados, perda, alteración ou divulgación indebida.
Os envíos de correo realízanse mediante unha cola controlada, cun único destinatario por mensaxe, límites de frecuencia, bloqueo de procesos simultáneos e rexistros de erro. Estas medidas teñen como finalidade protexer a estabilidade da plataforma e evitar envíos duplicados ou abusivos.
6. Cesións de datos e terceiros ⌄
Con carácter xeral, non se venden nin se ceden datos persoais a terceiros, agás:
- Por obriga legal ou requirimento dunha autoridade competente.
- A provedores imprescindibles para o funcionamento da web, como aloxamento, correo, seguridade ou servizos técnicos, que tratarán os datos como encargados do tratamento cando corresponda.
- Cando a persoa usuaria publique voluntariamente datos visibles a outras persoas, por exemplo información de contacto nun anuncio.
Provedores de correo: para realizar os envíos poden tratarse o enderezo destinatario, o asunto, o contido e datos técnicos imprescindibles para a entrega e o diagnóstico de erros.
Servizos de terceiros, como Telegram: algúns servizos poden empregar plataformas externas para comunicacións ou alertas. A interacción con elas queda tamén suxeita ás súas propias políticas e condicións.
6.1 Comunicacións, campañas e preferencias ⌄
ProfesoradoGalicia.com pode comunicarse coas persoas usuarias mediante modais, avisos internos, notificacións visibles na web e correo electrónico.
- Comunicacións operativas: son as necesarias para a conta ou para unha funcionalidade solicitada, como seguridade, recuperación de acceso, mensaxes, publicacións, incidencias ou cambios que afecten directamente ao servizo.
- Comunicacións informativas: poden incluír novidades, melloras, novos recursos, cambios xerais, continuidade, sustentabilidade e campañas de apoio ou financiamento do proxecto.
- Segmentación: unha comunicación pode dirixirse só ás persoas que utilizaron un proxecto determinado ou cumpren unha condición obxectiva, evitando crear mensaxes individuais ou conversas artificiais.
- Frecuencia: o sistema pode lembrar unha comunicación mentres estea activa, respectando os límites configurados, os peches, as confirmacións e as opcións de non volver mostrar.
- Baixa: cada correo non estritamente operativo incorporará un medio sinxelo e gratuíto para deixar de recibir futuras comunicacións da mesma categoría, sen necesidade de eliminar a conta.
O rexistro na web implica a recepción das comunicacións operativas necesarias para prestar as funcións solicitadas, pero non converte por si só o silencio, a inacción ou unha opción premarcada en consentimento para calquera comunicación promocional.
7. Período de conservación ⌄
- Os datos da conta conservaranse mentres esta permaneza activa e sexan necesarios para prestar os servizos.
- Os contidos, mensaxes e rexistros vinculados a publicacións conservaranse durante a súa vixencia e, cando proceda, durante o prazo necesario para xestionar incidencias, reclamacións ou obrigas legais.
- Os rexistros de campañas, envíos, erros e interaccións conservaranse durante o tempo necesario para medir o funcionamento, evitar duplicidades, acreditar envíos ou atender reclamacións; posteriormente eliminaranse ou anonimizaranse.
- As solicitudes de baixa ou oposición poderán conservarse nunha lista de supresión mentres sexa necesario para garantir que non se volvan realizar envíos non desexados.
- Tras solicitar a eliminación da conta, os datos serán borrados ou anonimizados, agás aqueles que deban conservarse por obriga legal, defensa ante reclamacións ou respecto dunha oposición previamente exercida.
- Os rexistros técnicos e de seguridade conservaranse durante o tempo mínimo necesario.
8. Dereitos dos usuarios ⌄
Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e oposición escribindo a pablo@profesoradogalicia.com.
Tamén podes retirar un consentimento previamente prestado e opoñerte en calquera momento ás comunicacións informativas ou promocionais mediante a ligazón incluída no correo, as preferencias dispoñibles ou o enderezo de contacto. Non será necesario eliminar a conta para deixar de recibir este tipo de comunicacións.
A oposición ás comunicacións non imprescindibles non impedirá o envío de avisos estritamente necesarios para a seguridade, o funcionamento da conta ou unha funcionalidade solicitada. Se consideras que o tratamento non é conforme coa normativa, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
9. Datos procedentes de fontes públicas e contido de usuarios ⌄
A plataforma pode mostrar información procedente de fontes públicas e/ou externas, ou datos achegados por usuarios. ProfesoradoGalicia.com non garante a exactitude, integridade ou actualización desa información e non se fai responsable do seu uso, debendo o usuario contrastala coas fontes oficiais cando corresponda.
ProfesoradoGalicia.com e o seu administrador non se fan responsables do contido publicado polos usuarios nin dos contactos, acordos ou transaccións entre eles.
10. Modificacións na Política de Privacidade ⌄
Reservámonos o dereito de modificar esta Política de Privacidade para adaptala a cambios legais, técnicos ou funcionais. A versión vixente estará publicada na web coa súa data de actualización.
Cando unha modificación afecte de maneira relevante ao tratamento dos datos ou ás comunicacións, poderase informar mediante un aviso interno, modal, correo ou outro medio axeitado.
Termos de Uso
Estes Termos de Uso regulan as condicións de acceso e utilización dos servizos ofrecidos na plataforma ProfesoradoGalicia.com.
1. Obxecto e ámbito de aplicación ⌄
ProfesoradoGalicia.com ofrece recursos e servizos, incluíndo ferramentas informativas baseadas en fontes públicas ou externas, ferramentas de cálculo e estimación orientativas, servizos con publicación de contido, contacto ou mensaxería entre persoas usuarias, campañas web, avisos internos, notificacións e alertas, así como integracións con plataformas de terceiros.
O uso da web implica a aceptación destes Termos, sen prexuízo de que determinados tratamentos ou comunicacións requiran unha elección ou consentimento específico.
2. Rexistro de usuarios e conta ⌄
Para acceder a determinadas funcións e recursos pode ser necesario rexistrarse. A persoa usuaria comprométese a facilitar datos veraces e mantelos actualizados. No caso de datos ficticios, uso fraudulento ou abuso do servizo, a conta poderá ser suspendida ou eliminada.
A persoa usuaria é responsable de manter a confidencialidade das súas credenciais. Calquera actividade realizada baixo a súa conta será responsabilidade súa, sen prexuízo das medidas de seguridade e asistencia que poida aplicar a plataforma.
Notificacións e comunicacións
- O rexistro e o uso das funcionalidades implican a recepción dos avisos operativos necesarios para a seguridade, a xestión da conta e os servizos solicitados.
- A web pode mostrar modais e avisos internos relacionados co funcionamento, cambios, novidades, continuidade, sustentabilidade ou financiamento do proxecto.
- As comunicacións por correo non estritamente operativas enviaranse cando exista unha base xurídica aplicable e incluirán un mecanismo sinxelo e gratuíto para opoñerse a futuros envíos desa categoría.
- A persoa usuaria poderá xestionar as súas preferencias ou darse de baixa das comunicacións non imprescindibles sen eliminar a conta.
3. Normas xerais de uso da plataforma ⌄
- Empregar a plataforma de forma lícita e respectuosa.
- Non publicar contidos ilegais, ofensivos, discriminatorios, fraudulentos ou que infrinxan dereitos de terceiros.
- Non realizar spam, extracción masiva de datos, automatización non autorizada, ou accións que degraden o servizo.
- Non introducir datos persoais de terceiros sen base legal ou sen consentimento cando sexa necesario.
4. Contido publicado polos usuarios ⌄
- O usuario é o único responsable do contido que publica e garante que dispón de dereitos e autorizacións necesarias.
- Non se verifica nin valida previamente o contido publicado. Se detectas unha publicación que infrinxa estes Termos, podes informar escribindo a pablo@profesoradogalicia.com.
- ProfesoradoGalicia.com resérvase o dereito a eliminar contidos que infrinxan estes Termos, reciban reclamacións, ou por motivos de mantemento/organización do servizo, sen garantía de permanencia.
5. Limitación de responsabilidade ⌄
- Da exactitude dos datos introducidos por usuarios.
- Da exactitude, actualización ou completitude de información procedente de fontes públicas/externas.
- De posibles fraudes, malentendidos, acordos incumpridos ou contactos entre usuarios.
- Do uso indebido dos datos de contacto compartidos polos usuarios ao publicar contido.
A plataforma non é un servizo oficial da Administración e as ferramentas teñen carácter informativo e de apoio.
6. Condicións específicas por tipo de servizo ⌄
- Recursos informativos e datos de fontes públicas ou externas: poden estar desactualizados, incompletos ou conter erros; recoméndase contrastalos coas fontes oficiais.
- Ferramentas de cálculo, estimación e simulación: teñen carácter orientativo e os resultados dependen dos datos e supostos empregados.
- Servizos con publicacións e contacto entre persoas usuarias: a plataforma non intermedia nin garante acordos; recoméndase actuar con prudencia.
- Mensaxería: as persoas usuarias son responsables do contido que envían. A plataforma pode aplicar límites, bloqueos, peches, moderación e conservación técnica para evitar abuso e manter o servizo.
- Campañas web, avisos e correos: poden existir atrasos, erros, omisións ou indispoñibilidade temporal; non se garante a recepción inmediata nin a permanencia indefinida dos avisos.
- Integracións con terceiros: están tamén suxeitas ás condicións, dispoñibilidade e políticas das plataformas externas.
6.1 Ferramentas de cálculo, estimación e simulación ⌄
As ferramentas de estimación, simulación ou cálculo ofrecidas na web teñen carácter informativo e orientativo. Os resultados dependen dos datos introducidos polo usuario e/ou de información dispoñible publicamente, podendo existir erros, omisións ou cambios normativos posteriores.
ProfesoradoGalicia.com non garante que os resultados se correspondan con resolucións oficiais nin se fai responsable das decisións tomadas con base nestas estimacións. Recoméndase contrastar sempre cos procedementos e fontes oficiais vixentes.
6.2 VacantEDU ⌄
VacantEDU é un bot de Telegram accesible desde ProfesoradoGalicia.com e pode requirir estar rexistrado na web para determinadas funcionalidades. Non obstante, o bot tamén podería ser accesible mediante ligazóns compartidas fóra da plataforma, de acordo co funcionamento propio de Telegram.
O uso do bot implica a interacción con servizos de terceiros (Telegram), suxeitos ás súas condicións e políticas. ProfesoradoGalicia.com non garante a dispoñibilidade continua do bot nin a ausencia de erros, atrasos ou omisións nas alertas.
6.3 Estimación CXT ⌄
A Estimación do CXT que se ofrece nesta páxina é un documento NON OFICIAL (formato Excel) de elaboración colaborativa por terceiras persoas, alleas a esta web. A web limita a súa intervención a difundir unha ligazón/recurso posto a disposición pública polos seus autores/as, sen asumir autoría nin control editorial do contido.
A web e o seu administrador non elaboran, non validan e non certifican os datos incluídos. En consecuencia, non se fan responsables de erros, omisións, desaxustes, actualizacións pendentes, interpretacións ou do uso que se faga do documento, nin das decisións adoptadas a partir del. Para calquera efecto administrativo, prevalece sempre a información oficial e os procedementos establecidos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Este documento compártese con finalidade informativa e orientativa. A persoa usuaria acepta que a consulta e utilización do recurso se realiza baixo a súa exclusiva responsabilidade.
Limitacións e protección de datos: Non se promove nin se solicita a publicación de datos persoais, credenciais, capturas con información identificable, nin calquera contido que poida vulnerar dereitos de terceiros ou condicións de acceso a plataformas. Na visualización desta páxina aplícanse medidas de minimización de datos, amosando a información persoal de forma abreviada/anonimizada na medida do posible (p.ex., iniciais) para dificultar a identificación directa. Se algunha achega incluíse información sensible ou indebida, deberá ser comunicada para a súa retirada inmediata.
Retirada / incidencia: Se consideras que este contido vulnera dereitos, inclúe datos que non deben difundirse ou require corrección/retirada, contacta coa web mediante a sección Contacto indicando a ligazón e o motivo, e revisarase con prioridade.
6.4 Campañas web, comunicacións e financiamento ⌄
ProfesoradoGalicia.com é un proxecto independente cuxo mantemento pode depender da colaboración da comunidade e de campañas periódicas de financiamento.
A plataforma poderá informar sobre os custos, necesidades, continuidade e campañas de apoio mediante modais, avisos internos e, cando resulte aplicable, correo electrónico. A participación económica será sempre voluntaria e non condicionará o acceso ordinario ás funcionalidades gratuítas, salvo que no futuro se informe expresamente doutra modalidade de servizo antes da súa contratación.
As comunicacións poden segmentarse en función dos proxectos utilizados para que resulten máis relevantes. A segmentación non implica unha avaliación persoal con efectos xurídicos nin garante que todas as persoas usuarias reciban o mesmo aviso.
Os correos non estritamente operativos incluirán un mecanismo sinxelo e gratuíto para deixar de recibir futuras comunicacións da mesma categoría, sen necesidade de eliminar a conta.
7. Propiedade intelectual ⌄
O deseño, estrutura, contidos propios e código da plataforma son titularidade de ProfesoradoGalicia.com e/ou dos seus titulares, salvo contidos de terceiros. Queda prohibida a reprodución non autorizada.
8. Suspensión, baixa e eliminación de contido ⌄
ProfesoradoGalicia.com poderá suspender contas, limitar funcionalidades ou eliminar contidos ante uso indebido, infracción destes Termos, reclamacións, riscos de seguridade ou motivos técnicos e de mantemento.
A persoa usuaria pode solicitar a baixa da conta conforme á Política de Privacidade. A baixa das comunicacións informativas ou promocionais é independente da eliminación da conta e poderá exercerse mediante as ligazóns ou preferencias dispoñibles.
9. Modificación dos Termos de Uso ⌄
Reservámonos o dereito de actualizar ou modificar estes Termos para adaptalos a cambios legais, técnicos ou funcionais. A versión vixente estará publicada na web coa súa data de actualización.
Cando os cambios sexan relevantes, poderase informar mediante un aviso na web, modal, notificación interna, correo electrónico ou outro medio axeitado.