Docentia

Unha FP un pouco máis plurilingüe

Marcos Vence Ruibal

jueves, 3 julio 2025
Ademais do galego, castelán e inglés, podemos sumar un cuarto idioma.

Desde hai uns anos existe a posibilidade de impartir módulos técnicos de FP en lingua estranxeira, tras un trámite burocrático relativamente sinxelo, no marco dos chamados “ciclos plurilingües” ou das “seccións bilingües”.

A partir de agora daremos un salto cuantitativo no plurilingüismo grazas a dous novos módulos dos graos medios e superiores:

  • Inglés profesional, no primeiro ano.
  • Habilidades comunicativas en lingua estranxeira, no segundo ano (na maior parte dos ciclos).

A posibilidade de empregar unha lingua diferente do inglés no módulo de 2º (portugués, francés, italiano, etc.) permítenos adaptar os ciclos ás características de cada familia profesional e de cada centro educativo, por exemplo, pensando en realizar prácticas Erasmus+ en calquera país europeo.

Os centros non teñen que realizar ningún tipo de solicitude para implementar esta segunda lingua estranxeira, só ter o persoal adecuado (licenciatura no idioma estranxeiro ou C1 certificado) con dispoñibilidade horaria.

Share Buttons
Categorías: FP | Lingua
Etiquetas: FP

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *