Docentia

Unha ‘app’ para chamar a substitutos: a Consellería vende como redución da burocracia o que en realidade simplifica só o seu propio traballo

Pablo Rodríguez Vila

viernes, 11 julio 2025
A Consellería de Educación vén de presentar un borrador coas medidas do seu plan para reducir a burocracia nos centros educativos. Entre as iniciativas estrela figura o desenvolvemento dunha aplicación móbil destinada a xestionar os chamamentos do profesorado substituto. Segundo a Consellería, isto permitiría que os docentes interinos non tivesen que estar pendentes continuamente do teléfono para recibir as chamadas que lles ofertan vacantes.

Porén, baixo esta capa de modernización e dixitalización, o que se agocha realmente é unha simplificación dos procedementos… para a propia Administración, non para o profesorado. Con esta ‘app’, a Consellería reduce pasos internos e automatiza un sistema que lle consume recursos, pero non incide nin un ápice na montaña de burocracia que afoga ao profesorado dos centros, nin no tempo que cada docente dedica a cubrir documentación, informes ou tarefas administrativas alleas á docencia.

Mentres o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegura que a simplificación burocrática será “un ámbito prioritario” a partir de setembro, o único proxecto concreto que se coñece é unha ferramenta que facilita as xestións da Xunta para dispoñer de substitutos, reducindo a súa carga operativa interna. Quen verá así reducido o tempo e o traballo administrativo non será o profesorado, senón a propia Administración.

E aínda por riba, resulta case cómico escoitar á Consellería presumir de que os profesores substitutos “non terán que estar constantemente pendentes do seu teléfono por se reciben unha chamada da Administración”. E logo? A app vai polo aire e vén polo vento para avisar sen necesidade de teléfono? Ao final, sempre haberá que estar pendente… do mesmo dispositivo.

Por certo, xa que falamos de aplicacións para vacantes: en ProfesoradoGalicia.com, na sección de substitucións, está dispoñible desde o curso pasado unha aplicación que si pensa no profesorado, notificando automaticamente —e de maneira práctica e directa— as vacantes que se publican na web da propia Consellería. Un exemplo de como poñer a tecnoloxía ao servizo dos docentes, e non só ao servizo da Administración.

VacantEDU, a aplicación de ProfesoradoGalicia.com.
Share Buttons
Categorías: Ensino | Substitucións
Etiquetas: App, Substitucións

Contido relacionado

2 comentarios
L

2 Comentarios

  1. Marcos Vence

    “A app vai polo aire e vén polo vento para avisar sen necesidade de teléfono? ”

    (≧ᗜ≦) Ahaha!

    Responder
  2. Iago

    Moi bo artigo.. Curiosamente non usan a tecnoloxía para poñer unha pestaña nas vacantes para anotarse as persoas interesadas, algo que evitaría as catástrofes que fan mandando un día a un de Verín a Cariño e ó seguinte un de Cariño a Verín, a punta de pistola, e con centos de persoas na lista

    Responder

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *