Docentia

Un CADP de recortes?

Pablo Rodríguez Vila

miércoles, 24 julio 2024
A Consellaría ten previsto publicar a adxudicación provisional do CADP o venres 26, con case total seguridade ao longo da tarde. De non publicarse o venres, a adxudicación publicarase o vindeiro luns 29 de xullo.

Desde a miña chegada ao sindicato CIG-Ensino, a reunión na que se negocian as vacantes do Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP), que tiña lugar a comezo de xullo, foi retrasándose cada vez máis no tempo. Esta demora ten consecuencias significativas: menos marxe para nós, como sindicato, para contactar cos centros e reclamar vacantes en función das súas necesidades, e máis capacidade para a Consellaría de Educación para impoñer os seus recortes de xeito unilateral.

Estamos a 24 de xullo, mañá é festivo, o 26 prevese a adxudicación provisional e aínda non temos nin as vacantes nin unha data para a reunión do CADP. A situación é tan grave que, a estas alturas, unha posible reunión sería un mero trámite sen valor real para reclamar nada.

Os sinais de alarma non se limitan á falta de transparencia nas negociacións do CADP. Chegan noticias constantes de comunicacións de recortes por parte das direccións territoriais aos centros: desde reducións de cupo ata supresións de prazas definitivas.

Todos os anteriores indicios parecen apuntar a un CADP con moito recortes. Espero equivocarme.

Share Buttons
Categorías: Concursos | Ensino
Etiquetas: CADP, Recortes

Contido relacionado

1 comentarios
L

1 Comentario

  1. Ana Álvarez

    No IES Ferrol Vello, de Ferrol, pasamos de 20 a 18 docentes, un 10% menos.

    Responder

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *