Docentia

Todo o que necesitas saber para inscribirte nas oposicións docentes 2025

Pablo Rodríguez Vila

lunes, 17 febrero 2025
O prazo de inscrición abranguerá do 18 de febreiro ao 10 de marzo

A Xunta de Galicia abre mañá martes 18 de febreiro o prazo de inscrición para as oposicións docentes de 2025. A convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia, establece que as solicitudes poderán presentarse ata o 10 de marzo, ambos incluídos.

Para axudar a resolver todas as dúbidas sobre o proceso de inscrición, realizarei un directo en Twitch o martes 18 de febreiro ás 22:00, onde explicarei detalladamente os pasos a seguir para presentar a solicitude correctamente.

Que abordaremos no directo?

  • Como presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Os diferentes mecanismos de identificación e sinatura admitidos (Chave365, certificado dixital, etc.).
  • O pagamento da taxa e posibles exencións.
  • Documentación necesaria e requisitos específicos para cada corpo docente.
  • Dúbas máis frecuentes e erros comúns a evitar.

Se vas presentarte ás oposicións deste ano, non perdas este directo! Asegúrate de rexistrarte en Twitch e seguir a canle e activar as notificacións para non perder ningún detalle. Estaremos resolvendo todas as vosas dúbidas en tempo real. Vémonos o martes 18 ás 22:00 en Twitch!

Como cada ano, tamén estará dispoñible na miña canle de YouTube, desde o primeiro día do prazo, un titorial sobre o procedemento de inscrición.

Share Buttons
Categorías: Oposicións

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *