A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular por primeira vez nos estudos oficiais da EOI e xa ten coñecementos previos do idioma. A proba de clasificación non certifica o nivel de competencia do alumnado, senón que simplemente diagnostica o seu nivel de acceso e permite comezar os estudos desde un curso adiantado.
Consideracións previas
Se estás considerando presentarte á proba de clasificación debes saber que:
- A proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que estritamente calibra o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial
- A proba de clasificación non outorga automaticamente unha praza: deberás optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición
- Non poderás facer a proba de clasificación se estás matriculado/a en modalidade oficial no mesmo idioma neste curso ou no inmediatamente anterior
- A proba darache acceso a un curso concreto e só a ese curso: non poderás matricularte nun curso inferior ao que indique a proba
- A proba terá validez para matricularse durante durante dous cursos
- Se a proba che dá acceso a un nivel xa cursado e/ou superado anteriormente, a proba quedará sen efecto
- Para acceder aos estudos das EOI, incluso a través da proba de clasificación, deberás cumprir os requisitos de idade das EOI (16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos se o idioma estranxeiro é o mesmo que o cursado na ESO; 14 anos se é un idioma diferente)
- A proba é compatible coa matrícula en modalidade libre
- A proba non anula outras opcións de acceso (podes optar polo acceso directo aínda que fagas a proba de clasificación)
Prazo de inscrición na proba de clasificación
As datas de inscrición e das probas varían en función da EOI na que te queiras matricular. Para más información, visita a páxina web da EOI correspondente á túa localidade. Non perdas a oportunidade de mellorar as túas habilidades lingüísticas!
EOI de Santiago
EOI de Vigo
EOI de Lugo
EOI de Ferrol
EOI de Monforte
EOI de Vilagarcía
EOI de Ourense
EOI de Pontevedra
EOI de Ribadeo
EOI de Viveiro
EOI da Coruña
Instrucións da Proba de clasificación da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
As EOIS son fantásticas, o profesorado está moi formado e dan aulas de calidade. O problema é que nreducen grupos necesarios e demandados, como vai pasar en Lugo no departamento de Português – EOI Lugo. É unha mágoa que, habendo moita xente interesada en cursar esta lingua, eliminanse 3 grupos e 2 deles de A2…..😫 Non se poderia arranxar isto e que sigan coa oferta de grupos que tiñan previsto? Hai moita xente que vai quedar sen poderse matricular polos horarios……
Iso daba para un artigo aquí! A ver se alguén con coñecemento do tema se anima a escribilo.
Aquí temos máis información sobre ese caso concreto:
https://www.dpgaliza.org/preocupacao-pela-situacao-do-portugues-na-eoi-de-lugo/