Con esta iniciativa, substituímos a antiga sección de material de oposicións, buscando mellorar o servizo e centrarnos en catro categorías principais:
- Preparadoras ou preparadores de oposicións
- Alugueiro (pisos, cuartos etc.)
- Compañeir@ de viaxe (para compartir desprazamentos e gastos)
- Ofertas de traballo (no ámbito do ensino ou relacionadas)
Para que serve o Taboleiro Docente?
O Taboleiro Docente está ideado para que calquera usuario rexistrado en ProfesoradoGalicia.com poida publicar e atopar anuncios de interese xeral no eido educativo. Se precisas, por exemplo, compartir piso, buscar compañeir@s de viaxe ou unha oportunidade de emprego, aquí terás un punto de encontro fiable e especializado.
Como funciona?
- Acceso: Para publicar no Taboleiro, debes ter unha conta en ProfesoradoGalicia.com e estar logueado. Se aínda non tes unha, podes creala de forma gratuíta.
- Clasificación e Título:
- Escolla se o teu anuncio é de “Oferta” ou “Demanda”.
- Escribe un título que describa o que buscas ou ofreces.
- Detalles:
- Dispós de ata 300 caracteres para engadir información relevante.
- Explica claramente o que ofreces ou solicitas para que as persoas interesadas se poidan poñer en contacto con máis facilidade.
- Categorías e localización:
- Elixe a categoría do anuncio: Preparadora oposicións, Alugueiro, Compañeir@ de viaxe ou Oferta de traballo.
- Indica a provincia e o concello para segmentar a busca xeograficamente.
- Publicación:
- Ao rematar, acepta a política de privacidade e os termos de uso e preme en “Publicar”.
- Cada usuario pode ter un só anuncio por categoría e por cada tipo (Oferta ou Demanda) de xeito simultáneo. Se queres mudar algo, borra o teu anuncio anterior e volve publicalo.
- Listaxe de anuncios:
- Na mesma páxina atoparás todos os anuncios publicados. Tes un botón de contacto para enviar unha mensaxe á persoa anunciante, que recibirá no seu correo electrónico.
- Denuncia de anuncios:
- Se ves un contido que consideras inadecuado, fraudulento ou que vulnere dereitos, podes denuncialo a través do botón correspondente.
Normas básicas para publicar
- Non se admiten anuncios sobre material ou academias de oposicións.
- Cada usuario é responsable da veracidade dos datos que publica e do seu contido.
- Os anuncios serán eliminados automaticamente o 31 de agosto de cada ano, independentemente da data de publicación.
- Debes respectar os Termos de Uso e a Política de Privacidade que aceptas ao publicar un anuncio.
Compromiso coa privacidade e seguridade
- Non compartimos publicamente o teu correo electrónico nin outro dato persoal con terceiros.
- A comunicación establécese a través da plataforma: cando un usuario preme no botón de “Contactar”, envíase a mensaxe de forma interna e só a persoa anunciante recibe o contido no seu correo.
- Deste xeito, garantimos que non se amose a túa dirección de email nin outra información persoal a persoas descoñecidas, reforzando a túa privacidade.
Queres probalo?
Animámoste a probar xa o Taboleiro Docente e a deixarnos nos comentarios as túas suxestións, melloras ou dúbidas para seguir optimizando este servizo. Podes contarnos tamén se crees que Infojobs, Blablacar ou Fotocasa se sentirán ofendidos e nos botarán en cara este novo servizo por “invadir” os seus dominios. Desde aquí, un saúdo afectuoso e as nosas desculpas anticipadas, non vaia ser que tamén nos vexamos forzados a desmantelar o taboleiro docente.
0 comentarios