Mais aló de realizar actividades nas datas sinaladas de cada trimestre (25N, 8M e 17M), o obxectivo do programa debe ser, como o seu propio nome indica, traballar ao longo de todo o ano. Velaquí unha colección de recursos audiovisuais e lecturas recomendadas para todas as idades. Aínda que as actividades poden levarse a cabo nas titorías, é posible realizalas en calquera materia polo seu carácter transversal.
OUTUBRO
Día Europeo contra a trata de seres humanos (18 de outubro):
- Vídeo ¿Que es la trata de personas? (3 min): https://www.youtube.com/watch?v=bAld1wwI3Ws (apto para 1º ciclo da ESO)
- Testemuños de vítimas de trata na voz de actrices (3 minutos): https://www.youtube.com/hashtag/cadenasinvisibles
- Documental AVA (2024), de Mabel Lozano, de 18 minutos de duración, gañador do Premio Goya 2024 Mellor curtametraxe (BACH e ciclos formativos). Dispoñible aquí: https://www.cmmedia.es/play/doplay/abycine/ava.html
- Libro La revuelta de las putas (2021) de Amelia Tiganus, supervivinte de trata, ex-prostituta e activista (recomendado para 2º ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos formativos).
- Cómic Historia de una lucha (2021) de Amelia Tiganus: https://serendipiaeditorial.com/amelia-historia-de-una-lucha/ (recomendado para 1º ciclo da ESO)
- Clips da entrevista a Amelia Tiganus en Salvados: https://www.lasexta.com/temas/salvados_trata_de_mujeres-1
Dia Internacional contra o cancro de mama (19 de outubro)
- Vídeo Draw my life Cancro de mama (5 minutos): https://www.youtube.com/watch?v=YOwBUgTeFww
- Spot Día Mundial do cancro de mama (1 minuto): https://www.youtube.com/watch?v=aHQVj1g6Z6g
- Libro Luns de Eli Ríos (2017). https://www.xerais.gal/libro/narrativa/luns-eli-rios-9788491212010/
- Cómic “La historia de Cristina” descargable e en vídeo: https://www.roche.es/actualidad/notas-prensa/2020/diciembre/paco-roca-ilustra-historia-cristina
NOVEMBRO (MES DA SENSIBILIZACIÓN FRONTE AS VIOLENCIAS MACHISTAS)
- PEPA Y PEPE. Vídeo de 13 minutos no que a psicóloga Carmen Ruíz Repullo presenta de forma moi gráfica a escaleira da violencia de xénero na adolescencia (control, celos, chantaxe emocional, manipulación)… https://www.youtube.com/watch?v=IpaabDdQNO8
- MICROMACHISMOS. Vídeo de 4 minutos no que mulleres famosas falan de situacións de discriminación vividas na súa vida persoal e profesional. Pode dar pé a falar dos piropos, tipificados como delito de acoso na rúa pola Lei do “Solo sí es sí”. https://www.youtube.com/watch?v=MB-ySGEYF10
- NO. Curtametraxe de 13 minutos sobre a violencia de xénero, no que se fai fincapé no illamento da vítima do seu entorno polo maltratador. Ten final feliz. https://www.youtube.com/watch?v=n_5vaz1dehQ
- EL ORDEN DE LAS COSAS. Curtametraxe de 20 minutos que mostra a historia de violencia machista ao longo dos anos nunha parella, con actores coñecidos como Manuela Vellés e Javier Gutiérrez. Simbólico e metafórico. Final aberto que permite o debate. https://www.youtube.com/watch?v=hfGsrMBsX1Q
- MIÑA. Curtametraxe de 10 minutos realizada coa colaboración da Xunta e a Secretaría Xeral de Igualdade. https://www.vigofilmoffice.com/el-cortometraje-mia-rodado-en-vigo-reflexiona-sobre-la-violencia-de-genero/
- PLAYLIST CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. A destacar os temas interpretados por homes. CAZA DE PAÑUELOS. Canción do rapeiro Rayden baseada na violación múltiple de San Fermín. EL FINAL DEL CUENTO DE HADAS. Canción do rapeiro El Chojín que narra unha historia de violencia de xénero, ilustrando a perfección o ciclo da violencia machista. https://youtube.com/playlist?list=PLYeMeoF4WromAmi_z5gKA5k_R_ASH1pLs&si=yur1bjTrftFbNt_3
- Libro Las tres hermanas (2023) de Rosa Paz. https://www.eoditorial.com/tienda/ficcion/las-tres-hermanas/
DECEMBRO
Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro)
- Vídeo Atrévete a ayudar (2018) de 2 minutos. https://www.youtube.com/watch?v=cyAO_M09aF8
- Plataforma do Voluntariado Galego. Inclúe formacións e oportunidades de voluntariado: https://voluntariadogalego.org/es
- Plataforma do Voluntariado de España. Actividades para traballar o voluntariado en Infantil, Primaria e Secundaria: https://plataformavoluntariado.org/wp-content/uploads/2018/09/educando-en-voluntariado-actividades-para-educacion-infantil-primaria-y-secundaria.pdf
- Web Haces falta. Inclúe oportunidades de voluntariado en distintas modalidades: https://www.hacesfalta.org/oportunidades/?sw=v
- Documental RTVE Los rostros del voluntariado (2023) de 60 minutos: https://www.rtve.es/play/videos/documentos-tv/documentos-tv-rostros-del-voluntariado/2206327/
- Documental Telemadrid Eso no se pregunta. Voluntarios (2023) de 40 minutos: https://www.youtube.com/watch?v=scqmUxz3908&t=934s
Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro)
- Vídeos resumo sobre os dereitos humanos: https://www.youtube.com/watch?v=w-wwSERIEJY (2 minutos), https://www.youtube.com/watch?v=49NSTPKam4I (3 minutos), https://www.youtube.com/watch?v=OB8nboYoCZE (10 minutos)
- Mulleres referentes na Declaración dos Dereitos Humanos: https://www.un.org/es/observances/human-rights-day/women-who-shaped-the-universal-declaration
- Puzzle Dereitos Humanos para imprimir: https://www.gub.uy/institucion-nacional-derechos-humanos-uruguay/comunicacion/publicaciones/construye-tus-derechos-formato-puzzle
- ABC. La enseñanza de los derechos humanos” (ONU, 2008): actividades para traballar a discriminación por motivo de raza, xénero ou discapacidade: https://inee.org/sites/default/files/resources/ABC_Teaching_Human_Rights_SP.pdf
- Playlist Cancións solidarias: https://www.youtube.com/watch?v=GqOvxbFLwjY&list=PLYeMeoF4WronzLn0z1-WiWTxtT5KTQG2W
Se estás interesada/o en saber mais sobre as tarefas de coordinación do Plan Proxecta+ ou en recibir no teu centro unha charla sobre a miña experiencia como persoa voluntaria, non dubides enviar un email a ecabanelas@edu.xunta.gal












Noraboa Eva.
Mil gracias por compartir os recursos.
Grazas compañeira, un pracer!