Os profes galegos están de festa! Non, non é polo fin do curso ou pola chegada das vacacións (que tamén). É porque, tras anos de usar siglas coma se fosen códigos secretos, finalmente temos unha lista completa das mesmas. E si, admitámolo, quizais devecemos por algo de misterio ou simplemente nos esquecemos de que non todo o mundo sabe que o CAP serve para algo máis que para conducir.
Imos ser honestos: se tes amigos profesores, probablemente teñas escoitado conversas que semellan sacadas dunha película de espías. “Este ano hai pouca OPE a ver como me vai no CXT, e senón sempre me quedará o CADP”. E ti pensas: “Está falando en galego ou é unha especie de linguaxe cifrada?”
Para todos os novos docentes, estudantes de Maxisterio ou simplemente os curiosos que queren entender que falan os profes nos corredores, aquí vai unha lista para que non vos perdades no labirinto das siglas educativas. Prometemos que non é tan complexo coma parece!
Tipos de Centros Educativos
- CPI: Centro Público Integrado
- CEIP: Centro de Educación Infantil e Primaria
- IES: Instituto de Educación Secundaria
- EOI: Escola Oficial de Idiomas
- CIFP: Centro Integrado de Formación Profesional
- CEE: Centro de educación especial
- CRA: Colexio Rural Agrupado
- CEP: Centro de Educación Primaria
- CDAN: Conservatorio de Danza
- ESAD: Escola Superior de Arte Dramática
- EASD: Escola de Arte e Superior de Deseño
- CMUS: Conservatorio de Música
- EPA: Escola de Persoas Adultas
- CPR: Colexio Privado Concertado
- EIM: Escola Infantil Municipal
- EFA: Escola Familiar Agraria
- UFIL: Unidade de Formación e Inserción Laboral
Corpos docentes e especialidades
- PT: Profesor Técnico de Formación Profesional / Pedagoxía Terapéutica
- PESSFP: Profesor Especialista en Sectores Singulares de Formación Profesional
- PES: Profesor de Ensino Secundario
- FP: Formación Profesional
- AL: Audición e Linguaxe
- OR: Orientación
- MES: Mestra
Organizacións e Sindicatos
- ANPA: Asociación de Nais e Pais de Alumnos
- CCOO: Comisións Obreiras
- UGT: Unión Xeral de Traballadores
- CSIF: Central Sindical Independente e de Funcionarios
- STEG: Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia
- ANPE: Asociacion Nacional de Profesionais do Ensino
- CUT: Central Unitaria de Traballadores
- CIG-Ensino: Confederación Intersindical Galega de Ensino
Procesos e Planificación
- OPE: Oferta Pública de Emprego
- CADP: Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais
- CXT: Concurso Xeral de Traslados
- RPT: Relación de Postos de Traballo
- PXA: Programación Xeral Anual
- PAT: Plan de Acción Titorial
- PEC: Proxecto Educativo de Centro
- NOF: Normas de organización e funcionamento
- ROC: Regulamento Orgánico de Centro
- UD: Unidade didáctica
Formación e Recursos
- CFR: Centro de Formación e Recursos
- EDIXGAL: Educación Dixital de Galicia
- PLAMBE: Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
- REDEBE: Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia
- CAP: Curso de Aptitude Pedagóxica
- FCT: Formación en Centros de Traballo
- TIC: Tecnoloxías da Información e da Comunicación
- PIALE: Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras
- CLIL: Content and Language Integrated Learning (impartir unha materia non lingüística en lingua estranxeira)
Administración e Organización
- DXFP: Dirección Xeral de Formación Profesional
- DXCRRHH: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- SXCRRHH: Subdirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
- XT: Xefatura Territorial
- SXT: Secretaría Xeral Técnica
- AMTEGA: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
- EBEP: Estatuto Básico do Empregado Público
- PAS: Persoal de Administración e Servizos
- UAC: Unidade de Atención a Centros
Necesidades educativas e Outros
- ACIS: Adaptación Curricular Individual Significativa
- ANEAE: Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Inclúe ANEE, TDAH, dislexia e altas capacidades
- ANEE: TEA, discapacidade e Trastrono grave de conduta
- NEAE: Necesidades Específicas de Apoio Educativo
- PI: Plan Individualizado
- TDAH: Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade
- EOE: Equipo de Orientación Específico
- FAS: Fondo de Acción Social
Así que, a próxima vez que escoites unha conversa de profes e te pareza unha mestura de galego e código Morse, non te preocupes. Agora xa tes a guía definitiva para descifrar o misterio. Quen dixo que o ensino non podía ser divertido?
Se coñeces algunha sigla que se nos escapou, déixaa nos comentarios. É difícil recoller todas, pero con axuda de todos, a lista pode ser aínda máis completa!
Este agradécese un montón. Ás veces, leo algunha resposta ou pregunta con ‘ non sei que siglas’ e iso parece peor cun xeroglífico… 🫣😅
De nada! xD
PIALE?
Ben visto! Xa o incluín! Xa temos unha máis xD
Ola! Tes un exemplo con CADP, pero quedou atrás e non aparece na listaxe. Un saúdo!
Ostié! Agora teño dúas opcións.
1. Admitir un despiste coma un mundo.
2. Dicir que o saltei á mantenta e felicitarte por darte conta.
🤗
Por certo, ti que es, de pronunciar KADEPÉ, CEADEPÉ, KADAP? Isto dá para outro artigo…