Docentia

Obradoiro de monólogos de divulgación para profesorado

Eva Cabanelas Dopazo

martes, 10 marzo 2026
Algunha vez pensaches en empregar os recursos da comedia para captar a atención do teu alumnado? Neste obradoiro, aprenderás a escribir o teu propio monólogo de divulgación e a implementar esta metodoloxía na túa aula.

Nesta formación, aprenderemos a elaborar e interpretar un monólogo de divulgación, desde a idea inicial ata a posta en escea. Explicaremos tamén como introducir esta proposta na programación didáctica e daremos consellos sobre a difusión dos monólogos nos centros educativos e na rede. Apto para profesorado de todos os niveis educativos e especialidades.

Inscríbete ata o 31 de marzo aquí: https://forms.gle/gzD8BKLxx818kw8P6

Lembra! Non é preciso ser gracioso/a, só ter ganas de aprender e pasalo ben. Para calquera dúbida ou aclaración, envía un email a ecabanelas@edu.xunta.gal

Share Buttons

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *