Antigüidade no centro
Ata agora, obtiñamos 2 puntos cada un dos dous primeiros anos, 4 o terceiro e 6 a partir do cuarto ano. Agora, obteremos 4 puntos o primeiro e segundo ano, 6 puntos o terceiro ano e 8 puntos por ano a partir do cuarto.
Tamén aumenta de 2 a 4 puntos por ano como funcionariado de carreira con destino provisional antes de obter o primeiro destino definitivo. A mesma subida de 2 puntos verémola tamén por cada ano nun posto ou centro de especial dificultade, agora serán 4 puntos por ano.
Méritos académicos
No apartado de méritos académicos, cuxa puntuación máxima continúa a ser 10 puntos, hai cambios mínimos pero algún importante, xa que deixa de limitarse a puntuación a un único título de doutoramento ou máster universitario. Ademais o título de doutor pasa de 5 a 6 puntos, os graos que se obteñan a partir doutras titulacións pasarán de puntuar 5 a 2,5 puntos, e os títulos profesionais de música e danza pasan de 1,5 a 2 puntos.
Desempeño de cargos
Hai máis cambios no apartado destinado ao desempeño de cargos, cuxa puntuación máxima aumenta de 20 a 30 puntos. Cada un dos cargos que puntúa sobe medio punto: a dirección pasa de 4 a 4,5 puntos; outros cargos directivos de 2,5 a 3 puntos; e outras funcións docentes, como titoría ou coordinación, pasan de 1 punto a 1,5 puntos por ano.
Formación e perfeccionamento
Tamén hai varios cambios no apartado de formación e perfeccionamento, que pasa dunha puntuación máxima de 10 puntos a 15. Agora, haberá un mínimo de 9 puntos (ou 900 horas) por actividades de formación superadas. Outros dous cambios importantes dentro deste apartado son que a Competencia Dixital Docente (CDD) puntuará ata un máximo de 3 puntos; e que puntúan os certificados de linguas estranxeiras como Cambridge, Trinity, Camoes, etc.
Outros méritos
Por último, hai unha lixeira modificación no apartado de outros méritos: agora obterase puntuación pola titorización de funcionariado en prácticas.
0 comentarios