No 3 de xullo comeza a segunda edición do curso Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo da Consellaría de Educación, en colaboración coa Fundación Naturgy, que ten como obxectivo prepararnos para impartir o módulo homónimo no próximo ano lectivo.
Na edición de xuño, 100 docentes de varias familias profesionais recibimos esta formación que consta de 21 horas de videoconferencia e 9 de traballo persoal. Varias persoas comentaron que xa traballaban nos seus módulos con contidos relacionados coa Axenda 2030 pero para a maioría serviunos de iniciación.
As dúas relatoras ofreceron inmensas cantidades de material que agora temos que converter en actividades atractivas e entretidas para o noso alumnado.
Como mencionamos noutro artigo, este pode ser un módulo xeitoso para impartir en lingua estranxeira no contexto dos ciclos plurilingües.
Quen teña a sorte de saber que módulos vai impartir en setembro e vaia preparar o de Sustentabilidade, pode botar man dos materiais deste curso e dos libros de texto que xa lanzaron as editoriais.
Convidámosvos a compartir en “Comentarios” os recursos, actividades e ideas que pensedes que son interesantes para a colectividade.
Ilustracións tiradas dos materiais compartidos pola Fundación Naturgy. Adaptadas.
Comezo eu compartindo os materiais do curso de fprofe e uns apuntamentos que fun tomando durante eses sete días: https://drive.google.com/drive/folders/1KJRUWdevNM8tb33G3Xb6GQZOGlhklfpu
Tamén vou publicar as fichas e actividades para as aulas que vaia creando, no futuro.
Sen pór en dúbida a calidade dos materiais e a profesionalidade das relatoras, quero comentar a nivel persoal que, sendo un curso de tan grande duración, esperaba que tivese actividades listas para levar a clase. Fica como proposta de mellora para próximas edicións 😉
Moitas grazas!
Grazas!