Docentia

Novo baremo de méritos unificado: todo o que necesitas saber e como calculalo en segundos

Pablo Rodríguez Vila

sábado, 21 junio 2025
ProfesoradoGalicia.com lanza ferramentas específicas para o novo baremo unificado: unha calculadora interactiva, un baremo visual, acceso á normativa e un asistente intelixente. Todo o necesario para calcular a túa puntuación e preparar a participación nos concursos de forma sinxela e precisa.

A Consellaría de Educación vén de establecer un baremo único de méritos para determinados concursos, entre os que se atopan:

  • Concurso de Atención Preferente
  • Concurso para prazas sometidas a convenio ou programas específicos
  • Concurso para asesorías dos CFR e do CAFI
  • Concurso para equipos de orientación específicos
  • Outros que a Consellaría determine, como prazas no centro Vicente Cañada Blanch, agora mesmo en prazo.

Este novo sistema substitúe a variedade de baremos anteriores por unha estrutura única, con criterios e puntuacións unificados. Nos vindeiros días veremos tamén como se aplica no concurso para prazas sometidas a convenio ou programas específicos. O prazo de participación estaba previsto que comezase o 19 de xuño, mais un erro técnico na plataforma da Consellaría obrigou a adiar a súa apertura uns días.

Como saber que puntuación tes segundo o novo baremo?

Na web ProfesoradoGalicia.com xa podes usar, de forma totalmente gratuíta, unha calculadora interactiva específica para este novo baremo. Unha ferramenta deseñada para guiarte paso a paso:

✔ Introduce os teus méritos segundo as epígrafes oficiais
✔ Consulta os modais explicativos con interpretacións normativas
✔ Obten a túa puntuación exacta en tempo real

Moito máis que unha calculadora

Ademais da calculadora, a plataforma ofrece un conxunto de recursos complementarios para facilitar a comprensión do baremo:

🔹 Que é? → Explicación do novo modelo unificado
🔹 Normativa → Acceso ás últimas convocatorias dos concursos
🔹 Baremo → Táboa visual con puntuacións e documentación requirida
🔹 Asistente IA → Respostas automáticas ás túas dúbidas sobre o baremo

Consulta, calcula e comproba os teus méritos en ProfesoradoGalicia.com.


Share Buttons
Categorías: Concursos
Etiquetas: Baremo unificado

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *