Baixo o título “Oposicións docentes: preparación, realidade e perspectivas”, esta primeira edición poderá seguirse en directo a través da canle de Twitch de Pablo Rodríguez Vila.
Un faladoiro para escoitar, compartir e mellorar
O formato é claro: unha conversa distendida e honesta, con participación aberta do público, sobre temas que nos afectan como docentes. Nesta primeira sesión, abordarase un dos procesos máis importantes (e tamén máis esixentes) na vida profesional do profesorado: as oposicións.
Participarán catro docentes que compartirán a súa experiencia en primeira persoa:
- Nuria Varela Fernández
- Xoana Alonso Cal
- Susana Fernández Louro
- Alberto Fortes Novoa
A moderación correrá a cargo de Pablo Rodríguez Vila, quen dinamizará o encontro con preguntas clave sobre a preparación, os exames, a xestión emocional ou as perspectivas de futuro.
Un proxecto con vontade de continuidade
O Faladoiro Educativo nace como unha serie de encontros periódicos organizados por ProfesoradoGalicia.com, coa intención de dar voz ao profesorado galego e crear comunidade arredor do debate, a reflexión e o apoio mutuo.
Cada faladoiro centrarase nun tema concreto, sempre desde unha perspectiva crítica, construtiva e en galego.
Primeiro Faladoiro Educativo
Tema: Oposicións docentes: preparación, realidade e perspectivas
Data: Domingo 27 de abril
Hora: 20:00 h
En directo en: twitch.tv/pablorodriguezvila
Organiza: ProfesoradoGalicia.com












0 comentarios