Docentia

Monográficos das EOIs

Marcos Vence Ruibal

miércoles, 10 julio 2024
Aprender idiomas sen facer exames

Nas EOIs galegas temos esta alternativa ao ensino oficial, ideal para quen non precise certificar e queira practicar unha lingua sen pasar polo transo dos exames.

Os “monográficos” ou tamén chamados “de actualización” ou “de competencias”, están enfocados á práctica e mellora das destrezas comunicativas, poden durar dúas ou catro horas semanais, un ou dous cuadrimestres.

Ao finalizar pódese obter un certificado de aproveitamento e o profesorado temos exención de taxas.

O nivel dos cursos

Cada escola e mesmo cada departamento pode ter un criterio diferente para aceptar estudantes. Así, nuns centros o nivel é orientador (nun monográfico de Alemán B2 podería inscribirse calquera persoa independentemente do seu nivel) e noutros só admiten a quen teña certificado oficialmente o nivel anterior (nun monográfico de Alemán B2 só se podería matricular quen teña certificado B1 como mínimo).

Podedes procurar os cursos dispoñibles e os criterios de admisión nas seguintes ligazóns. Tede en conta que os períodos de matrícula son diferentes en cada EOI e que a oferta actualízase dun ano para o outro:

EOI de Santiago
EOI de Vigo
EOI de Lugo
EOI de Ferrol
EOI de Monforte
EOI de Vilagarcía
EOI de Ourense
EOI de Pontevedra
EOI de Ribadeo
EOI de Viveiro
EOI da Coruña

Ilustración tirada do Website da EOI de Vilagarcía de Arousa. Adaptada.

Share Buttons
Categorías: EOI | Lingua
Etiquetas:

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *