A oportunidade perfecta para cambiar de destino
Se acabas de obter un novo destino no CXT, este é o momento ideal para:
- Buscar un intercambio con outra persoa na mesma situación.
- Evitar destinos indesexados ou longos desprazamentos.
- Gañar calidade de vida sen agardar ao seguinte concurso.
A Bolsa de Permutas permite buscar coincidencias por especialidade, localidade, centro e moitos máis filtros, sen necesidade de expoñer datos persoais.
Como acceder á Bolsa
A ferramenta está dispoñible gratuitamente para todo o profesorado en ProfesoradoGalicia.com.
En poucos pasos podes:
- Publicar a túa proposta de permuta.
- Buscar coincidencias.
- Contactar con outras persoas interesadas.
📊 Estatísticas da Bolsa de permutas
🏦 Por corpo docente
- Profesores/as de ensino secundario: 222
- Profesores/as especialistas FP: 7
- Escolas oficiais de idiomas: 3
- Música e artes escénicas: 1
🎓 Por especialidade
- Inglés: 26
- Lingua castelá e literatura: 20
- Lingua galega e literatura: 19
- Xeografía e historia: 17
- Matemáticas / Física e química: 14
- Debuxo / Bioloxía e xeoloxía: 13
🌍 Por provincia
- A Coruña: 104
- Pontevedra: 98
- Lugo: 40
- Ourense: 32
🏩 Por localidade
- Ribeira: 15
- Vigo: 11
- O Barco de Valdeorras: 10
- Verín, Carballo, Pontevedra, Tui, Ferrol, Burela: 8
- Viveiro: 7
* Non se teñen en conta as permutas publicadas do corpo de mestres/as.






0 comentarios