Desde agora os proxectos eTwinning con puntuación maior ou igual a 18 na avaliación do selo de calidade español, terán un merecido recoñecemento: horas de innovación para o profesorado participante.
Esta plataforma permite traballar de maneira segura, segundo a metodoloxía PBL, con outras escolas europeas. Cada profe marca os tempos e o nivel de esixencia nos seus propios proxectos. Aínda estamos a tempo de crearmos un pequeniño durante este ano lectivo ou de buscarmos contactos para o futuro.
Máis info:
- Embaixadoras eTwinning galegas: embaixadaetwinning.blogspot.com > embaixada.etwinning@edu.xunta.gal
- Website da Consellaría: www.edu.xunta.gal/portal/etwinning > etwinning@edu.xunta.gal
0 comentarios