Docentia

Entreculturas consulta o profesorado galego sobre o interese en metodoloxías activas de aprendizaxe

Docentia

martes, 19 mayo 2026
A ONG Entreculturas, en colaboración con Faísca Consultora, está a realizar un diagnóstico sobre o interese do profesorado galego en formarse en metodoloxías activas de aprendizaxe e levalas á aula.

A iniciativa diríxese a profesorado en activo, tanto con praza definitiva como en prácticas, interino ou substituto, e ten como finalidade coñecer a posible implementación en Galicia do proxecto Educa en Global, unha proposta formativa centrada na educación transformadora, a cidadanía global e o traballo por retos.

O cuestionario pode cubrirse a través da seguinte ligazón:

https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=3015156

O proxecto Educa en Global busca acompañar o profesorado no seu crecemento persoal e profesional mediante metodoloxías activas como a Aprendizaxe Baseada en Retos e a Aprendizaxe-Servizo. A formación estaría estruturada en cinco sesións, certificadas polo IDP da Universidade de Barcelona, e permitiría ao profesorado aplicar propostas conectadas co currículo, coa contorna e coa realidade social do alumnado.

Entre os obxectivos do proxecto destacan dotar os centros educativos de formación e apoio metodolóxico e tecnolóxico, facilitar ao alumnado experiencias de aprendizaxe vinculadas á cidadanía global e crear un espazo de encontro de boas prácticas no que os centros participantes poidan compartir as accións desenvolvidas.

A Aprendizaxe Baseada en Retos propón situar o alumnado ante problemas reais e complexos, favorecendo a investigación, a formulación de preguntas e a procura de solucións concretas. Pola súa banda, a Aprendizaxe-Servizo combina a aprendizaxe curricular cun servizo á comunidade, de maneira que o alumnado identifica necesidades reais da súa contorna e deseña proxectos para darlles resposta.

Desde Entreculturas convidan o profesorado galego a participar no cuestionario tomando como referencia a súa realidade laboral e as posibilidades de implicación no proxecto a partir do curso 2026-2027.

Máis información sobre o proxecto:

Share Buttons
Categorías: Ensino
Etiquetas: Entreculturas, ONG

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *