Despois de meses de suor, noites sen durmir e litros de café, por fin podedes respirar tranquilos/as: superastes as oposicións! Agora é o momento de seguir avanzando, porque a CIG-Ensino está aquí para vos axudar a convertervos nuns auténticos sabidos da profesión docente cuns cursos que non podedes deixar pasar.
Por que inscribirse nos cursos?
- Puntuables e homologados. Sí, sí, como ledes. Estes cursos teñen solicitada a homologación das súas 8 horas de duración, o que significa que serán puntuables nos concursos convocados pola administración educativa, é dicir, que vos van servir para sumar puntos no Concurso de traslados. Mais non só iso, xa que tamén poderedes usalos para perfeccionar o voso primeiro sexenio.
- Gratuítos e presenciais. Porque sabemos que a vosa carteira tamén necesita un respiro, os cursos son completamente gratuítos. Ademais, a experiencia presencial é incomparable, perfecta para compartir historias de batallas opositoras e facer novas amizades.
- Cidades variadas. Desde A Coruña ata O Morrazo, pasando por Santiago, Vigo e moitas máis. Estes cursos están espallados por toda Galicia, así que seguro que hai un ben preto de vós.
| Data | Inscrición |
|---|---|
| 27 de setembro | A Coruña – Lugo – Santiago – Pontevedra – Ferrol |
| 4 de outubro | Ourense – Vigo |
| 11 de outubro | O Morrazo |
| 18 de outubro | A Mariña |
Contidos dos Cursos
Os cursos da CIG-Ensino están deseñados para ofrecer información crucial sobre aspectos administrativos e laborais que son fundamentais para a vosa carreira. Entre os temas que se tratarán están:
- Concursos de traslados: todo o que precisades saber para participar con éxito no Concursos de traslados, de participación obrigatoria para o funcionariado en prácticas.
- Comisións de servizo: información sobre como solicitar e obter comisións de servizo de conciliación e de saúde.
- Permisos e licenzas: unha guía completa sobre os vosos dereitos.
- Formación: oportunidades de formación dispoñibles para seguir mellorando.
- Retribucións: detalles sobre o voso salario e como se estrutura.
- Etc.
E, por suposto, haberá un espazo dedicado á elaboración da memoria que deben facer os/as funcionarios/as en prácticas.
Todo o que precisas saber se aprobaches as oposicións!
Por último, lembrovos que hai uns días publiquei unha nova na que vos explico todos os pasos a seguir despois de superar o proceso selectivo, á que podedes acceder a continuación.












0 comentarios