Docentia

Curso de formación para funcionariado en prácticas

Docentia

Luns, 5 Agosto 2024
Os cursos son gratuítos, homologados e abertos a calquera persoa funcionaria en prácticas

Despois de meses de suor, noites sen durmir e litros de café, por fin podedes respirar tranquilos/as: superastes as oposicións! Agora é o momento de seguir avanzando, porque a CIG-Ensino está aquí para vos axudar a convertervos nuns auténticos sabidos da profesión docente cuns cursos que non podedes deixar pasar.

Por que inscribirse nos cursos?

  1. Puntuables e homologados. Sí, sí, como ledes. Estes cursos teñen solicitada a homologación das súas 8 horas de duración, o que significa que serán puntuables nos concursos convocados pola administración educativa. Imos, que vos van servir para sumar puntos no Concurso de traslados. Mais non só iso, xa que tamén poderedes usalos para perfeccionar o voso primeiro sexenio.
  2. Gratuítos e presenciais. Porque sabemos que a vosa carteira tamén necesita un respiro, os cursos son completamente gratuítos. Ademais, a experiencia presencial é incomparable, perfecta para compartir historias de batallas opositoras e facer novas amizades.
  3. Cidades variadas. Desde A Coruña ata O Morrazo, pasando por Santiago, Vigo e moitas máis. Estes cursos están espallados por toda Galicia, así que seguro que hai un ben preto de vós.
DataLocalidade
21 de setembro A Coruña e Lugo
28 de setembroSantiago, Pontevedra, Ourense e Ferrol
5 de outubroVigo e A Mariña
19 de outubroO Morrazo

Contidos dos Cursos

Os cursos da CIG-Ensino están deseñados para ofrecer información crucial sobre aspectos administrativos e laborais que son fundamentais para a vosa carreira. Entre os temas que se tratarán están:

  • Concursos de traslados: todo o que precisades saber para participar con éxito no Concursos de traslados, de participación obrigatoria para o funcionariado en prácticas.
  • Comisións de servizo: información sobre como solicitar e obter comisións de servizo de conciliación e de saúde.
  • Permisos e licenzas: unha guía completa sobre os vosos dereitos.
  • Formación: oportunidades de formación dispoñibles para seguir mellorando.
  • Retribucións: detalles sobre o voso salario e como se estrutura.
  • Etc.

E, por suposto, haberá un espazo dedicado á elaboración da memoria que deben facer os/as funcionarios/as en prácticas.

Inscríbete xa!

Non agardes máis! A oportunidade de seguir mellorando está aquí e agora. Inscribídevos nos cursos da CIG-Ensino e preparádevos para un ano escolar que será de todo menos aburrido.

Share Buttons

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *