A EOI de Lugo impartirá un curso de Formación do profesorado en chinés (Nivel A1.1) de 60 horas que comeza o vindeiro 2 de outubro, os luns e mércores en horario de 18.00 h a 20.00 h.
Está destinado a todas as ensinanzas e corpos e aínda quedan prazas dispoñibles para as persoas con interese en descubrir os fundamentos da lingua e da cultura chinesas. A data límite de inscrición é o 29 de setembro. A asistencia é presencial e require certo compromiso coa aprendizaxe, mais non hai exames de promoción ou certificación que poidan supoñer un estrés adicional.
Podes inscribirte en Fprofe (o código da actividade é L2401043). Aproveita esta oportunidade de formación!
Para máis información, consulta contacta coa Asesoría de Linguas Estranxeiras (cfr.lugo.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal).
0 comentarios