Docentia

Non faltes! Defende os teus dereitos o mércores 26 de xuño

Pablo Rodríguez Vila

sábado, 1 junio 2024
O sindicato CIG-Ensino chama o profesorado a participar nunha concentración na sede da Xunta, o mércores 26 de xuño ás 11 horas, para protestar contra o continuísmo nas políticas educativas da Consellaría.

Os principais motivos da concentración inclúen:

  • Horarios lectivos excesivos en comparación co resto do Estado.
  • Négase a redución de ratios pactada, incumprindo os avances previstos para o próximo curso.
  • Situación do galego: sen avances reais nun pacto pola lingua, o galego segue reducindo o seu peso total no ensino.
  • Carga burocrática: non hai medidas efectivas para reducir a carga burocrática que sofren os centros.
  • Reformas de FP: a improvisación e falta de transparencia nas reformas da FP xeran incerteza no profesorado.
  • Discriminación salarial do profesorado de FP e do persoal substituto.
  • Ausencia de medidas efectivas para compensar o traballo de coordinación e xestión nos centros, preferindo medidas desiguais e insuficientes.
  • Temporalidade e emprego: a negativa a incorporar novas prazas nas oposicións mantén as altas cifras de temporalidade e a falta de estabilidade laboral.

Resulta moi curioso ver o silencio e a inacción das organizacións sindicais que asinaron o Acordo de melloras (CCOO, ANPE e UXT), especialmente sabendo que non se vai cumprir a maioría dos seus puntos. É preocupante que estas organizacións, a pesar de ter información facilitada polos centros e pola propia Consellaría sobre o incumprimento, non movan un dedo para protestar contra esta situación. Asinaron un acordo que saben perfectamente que non se vai cumprir e, agora, permanecen pasivos fronte á falta de compromiso.

Desde aquí, insto a todo o profesorado a manifestar o seu descontento e defender os seus dereitos na protesta convocada pola CIG-Ensino.

Share Buttons
Categorías: Mobilizacións

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *