Docentia

Contradicións

Marcos Vence Ruibal

domingo, 27 octubre 2024
Eurocidade Verín-Chaves sen Portugués na EOI.

Ano 2023. Cidadáns de Verín solicitan poder estudar Portugués na EOI co apoio de sindicatos e asociacións. Entregan máis de 800 sinaturas na Xunta. Debátese e vótase en sesión parlamentaria e é rexeitada polos membros do partido que goberna, co argumento de que non existe unha demanda real.

Ano 2024. Xuventude.net lanza un curso de iniciación ao Portugués de 100 prazas que se esgotan antes de finalizar o prazo de inscrición.

Pensando en positivo, esta experiencia pode servir para que o goberno galego teña en conta a demanda real existente (que agora si que pode cuantificar sen lugar a dúbidas) e implemente as clases de Portugués na EOI de Verín no próximo ano lectivo, aproveitando os recursos dispoñibles e facendo accesible esta formación a toda a poboación, non só a menores de 30 anos.

Lembra que podes compartir os teus comentarios ao pé deste artigo.

Fonte: Associação de Docentes de Português da Galiza

Ilustración tirada de Xuventude.net

Share Buttons
Categorías: EOI | Lingua
Etiquetas: EOI

Contido relacionado

3 comentarios
L

3 Comentarios

  1. Alberto Fortes Novoa

    Durante este curso académico comezou a impartirse no IES García-Barbón de Verín a materia de Portugués en Bacharelato como segunda lingua estranxeira con boa acollida

    Responder
    • Antia CL

      Muitos parabéns! Iniciativas assim é que são precisas!

      Responder
  2. Antia CL

    Pois resulta, que o tal curso para juventude teve umas 500 inscrições!! Para 100 vagas que se ofertavam: isto é 5 vezes a procura vs a oferta… E só de jovens até 30 anos. Se a isto unimos as quase 1000 assinaturas que se achegaram no ano passado: https://www.change.org/p/queremos-poder-estudar-portugu%C3%AAs-em-verim … Pois terem chumbado a abertura de grupo de português na EOI de Verín não faz sentido nenhum.

    Responder

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *