Docentia

Concurso de monólogos científicos en galego: Ciencia Calidade

Eva Cabanelas Dopazo

jueves, 9 julio 2026
Algunha vez pensaches en comezar unha clase cun monólogo? Ben seguro que conseguirías atraer a atención do teu alumnado, nun tempo no que esta tarefa semella un imposible.

Como temos comprobado nestes últimos anos, o monólogo científico é un formato ideal para comunicar ciencia a cidadanía. Pola súa brevidade e grazas ao emprego de recursos do “story telling” e fórmulas de humor, é posible converter unha investigación ou teoría científica nunha historia memorable. Vén aprender con nós as técnicas de comunicación científica para facer as túas clases mais atractivas.

En Ciencia Calidade, levamos catro anos buscando e formando novos talentos de divulgación científica en galego, non so nas Ciencias Experimentais, se non tamén nas Humanidades e Ciencias Sociais. Con esta iniciativa, queremos contribuír a poñer en valor o galego como lingua para comunicar ciencia e crear unha experiencia de aprendizaxe colectiva apta para todos os públicos. Convencidas como estamos de que o profesorado de Ensino Medio ten un rol esencial na transmisión do coñecemento científico á sociedade, precisamos docentes preuniversitarios neste concurso.

Se tes unha idea e ganas de pasalo ben, non dubides en realizar a túa inscrición na V edición, que terá lugar o sábado 7 de novembro en Ourense. Desde a Organización, ofrecemos formación e acompañamento durante o proceso de preparación do monólogo e a oportunidade de presentalo nun auditorio cun público diverso. Prometemos unha experiencia inesquecible en compañía de grandes referentes da divulgación científica en Galicia. Anímate a dar os teus primeiros pasos en divulgación científica e sorprender ao teu alumnado o próximo curso. O prazo está aberto ata o 31 de xullo.

Se queres saber mais do concurso, podes visitar a nosa web e o noso instagram ou enviarnos un email a cienciacalidade@gmail.com. Agardamos por ti!

Share Buttons

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario