Por que nace?
Moitas decisións profesionais —escoller destino no CXT/CADP, solicitar comisión de servizos, preparar unha permuta ou simplemente coñecer mellor o teu centro— melloran cando hai datos reais, contrastados e útiles, achegados por quen vive a realidade dos centros: o profesorado. ColeAdvisor nace co obxectivo de ordenar esas achegas e poñelas ao servizo da comunidade.
Que é Coleadvisor?
Un espazo colaborativo no que o profesorado pode valorar e comentar centros educativos. Cada entrada inclúe:
- Puntuación global (0–5).
- Subpuntuacións por categorías: equipo directivo, clima e convivencia, instalacións, organización, alumnnado, …
- Comentario cualitativo opcional con matices e consellos prácticos.
A idea central: axudarnos entre iguais con información práctica, honesta e respectuosa.
Como se usa?
- Entra en ProfesoradoGalicia.com e busca Coleadvisor.
- Busca un centro.
- Consulta valoracións: media global, medias por categorías e comentarios.
- Valora o centro: pon nota global e nas categorías e engade comentario con exemplos (“claustros ben planificados; boa dotación en Ciencias; aparcadoiro xusto os venres…”).
- Garda a valoración.
ColeAdvisor funciona porque ti participas. O valor está na pluralidade de voces, na honestidade e no ton construtivo. Se cada quen achega unha peza, teremos unha foto real dos nosos centros vista desde dentro.
Valora o teu centro en menos dun minuto e axuda a mellorar a información que todas e todos precisamos.












0 comentarios