Docentia

Calculadora de prazas de oposición por tribunal

Pablo Rodríguez Vila

lunes, 23 junio 2025
Se te presentas ás oposicións docentes deste ano, seguramente xa sabes que o reparto de prazas por tribunal pode marcar unha gran diferenza. Para facilitar o cálculo e ofrecer unha estimación realista das prazas dispoñibles segundo o número de persoas presentadas en cada tribunal, ProfesoradoGalicia.com acaba de lanzar unha nova ferramenta: a Calculadora de prazas por tribunal.

Para que serve?

Esta calculadora permite repartir proporcionalmente as prazas convocadas segundo o número de persoas presentadas en cada tribunal. Está pensada para que poidas introducir os datos publicados —tanto o número total de prazas por quenda como os presentados por tribunal— e obteñas un reparto estimado das prazas por tribunal, seguindo os mesmos criterios utilizados pola Administración.

Características destacadas

Cálculo automático do reparto proporcional das prazas nas quendas L (Libre), D (Discapacidade) e I (Discapacidade Intelectual).

Aviso e explicación clara nos casos de empate no reparto, indicando que a adxudicación queda pendente dun sorteo oficial, tal e como se establece nos criterios da Consellería.

Instruccións claras, exemplos e enlaces directos á información oficial.

Como funciona?

Só tes que acceder á ferramenta, dispoñible xa en ProfesoradoGalicia.com

Introduce o número de prazas e os datos de persoas presentadas por tribunal, e a calculadora mostrará automaticamente o reparto estimado, tanto para a túa especialidade como para as diferentes quendas se é o caso.

Share Buttons
Categorías: Ensino | Oposicións
Etiquetas: Oposicións, Prazas

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *