Mapa de incidencias educativas Ver mapa
Que queres consultar?
Curso 2026/27

Todo o CADP nun único lugar

Prepara as túas peticións, consulta os centros, presenta a solicitude correctamente e organiza o teu destino coas ferramentas de ProfesoradoGalicia.

O procedemento

O CADP paso a paso

Desde os trámites previos ata a incorporación ao centro adxudicado.

1
Trámites previos Comisións de servizos e non participación, cando corresponda.
2
Solicitude Modalidade de participación e peticións de destinos.
3
Presentación Validación, sede electrónica e recibo de presentación.
4
Provisional Consulta do destino e, se procede, reclamación ou renuncia.
5
Definitiva Publicación do destino provisional para o curso.
6
Incorporación Centro, desprazamento, vivenda e posibles permutas.
Comisións de servizos 24 abril → 8 maio 2026
Non participación 15 maio → 1 xuño 2026
Solicitude CADP 19 xuño → 10 xullo 2026
Antes de cubrir o CADP

Prepara ben as túas peticións

Localiza os centros, ordénaos segundo as túas preferencias e prepara os códigos antes de entrar na aplicación oficial.

Ferramenta recomendada

Comeza por Cole Maps

Escolle desde onde te desprazarías, busca os centros que che interesan e prepara unha relación ordenada para as túas peticións do CADP.

Centros por distancia
Filtros por especialidade
Exportación de códigos
TXT, PDF e Excel
Preparar centros en Cole Maps

BotPeticións

Xa tes os centros ordenados? Axiliza a súa introdución na aplicación do CADP.

Fluxo recomendado Cole Maps → ficheiro TXT → BotPeticións → revisar CADP.
Abrir BotPeticións
Presentación electrónica

Gardar a solicitude non é presentala

Antes de rematar comproba que completaches todos os pasos da presentación electrónica.

O recibo é a comprobación final

A solicitude debe cubrirse e validarse na aplicación do CADP, pero posteriormente hai que enviala á Sede Electrónica, asinala e presentala.

Antes de pechar, comproba que podes obter o recibo que acredita a presentación no rexistro electrónico.

Checklist antes de dar por rematado o trámite

1
Revisa as peticións Comproba centros, localidades, provincias, bilingüismo, afinidade e itinerancia.
2
Valida a solicitude Completa a validación dentro da aplicación CADP.
3
Envíaa á Sede Electrónica A aplicación facilitarache o acceso para continuar coa presentación.
4
Asina e presenta Completa o rexistro electrónico mediante o sistema de identificación admitido.
5
Obtén o recibo Garda o xustificante e unha copia da solicitude presentada.
Despois da definitiva

Xa tes destino? Organízao desde un único lugar

Se xa coñeces o centro adxudicado, non tes que ir abrindo ferramenta por ferramenta. DestinoDocente reúne a información máis útil para preparar a incorporación.

Ferramenta de ProfesoradoGalicia

DestinoDocente

Introduce o nome ou o código do centro e consulta nunha mesma pantalla todo o relacionado co teu novo destino.

Datos do centro, Localizador, Catálogo e ColeAdvisor
Alugueres dispoñibles no concello a través de EduAluga
Viaxes con destino ao centro publicadas en BlaBlaCole
Permutas que coinciden co centro e coa túa especialidade
Consultar o meu destino
Fontes oficiais

Información e trámites oficiais

Accesos directos ás aplicacións da Consellería relacionadas co procedemento.

Dúbidas habituais

Antes de participar

Se gardei a solicitude xa está presentada?
Non. Debes completar o proceso indicado pola aplicación: validar a solicitude, enviala á Sede Electrónica, asinala e presentala. O punto final é poder obter o recibo de presentación electrónica.
Podo recuperar a solicitude doutro CADP?
A información oficial indica que, se participaches anteriormente no CADP, a aplicación pode recuperar a última solicitude realizada. En calquera caso, revisa sempre todas as peticións antes de presentala.
Podo facer peticións por centro, localidade e provincia?
Si. A aplicación permite peticións de destinos por centro, localidade e/ou provincia segundo as regras aplicables á participación.
Para que serve Cole Maps no CADP?
Permíteche localizar centros desde unha localización, aplicar filtros e exportar códigos de centros ou localidades. É especialmente útil para preparar a orde das peticións antes de entrar no CADP.
Que fai BotPeticións?
BotPeticións utiliza un ficheiro cos códigos dos centros para axilizar a súa introdución na aplicación do CADP. Sempre debes revisar o resultado antes de gardar ou presentar a solicitude.
Onde se solicita a non participación?
Cando se cumpra algunha das circunstancias previstas na normativa, o trámite realízase a través da aplicación oficial de substitutos e ten un prazo propio distinto do prazo ordinario do CADP.
A información desta páxina ten carácter orientativo e está pensada para facilitar a participación no procedemento. Ante calquera discrepancia prevalecen sempre a convocatoria, a normativa e as instrucións oficiais da Consellería.