Docentia

Autismo en FP

Marcos Vence Ruibal

sábado, 19 abril 2025
Profes como axentes de cambio.

Coñeces esta campaña? Se aínda non asinaches, faino xa, por favor. E difunde!

As persoas autistas e as neurotípicas vivimos na mesma sociedade e temos idénticas necesidades: sanidade, educación, ocio, emprego… non son “necesidades especiais”, son as mesmas e son básicas. E isto podemos facelo extensivo ao resto de ANEAE.

Sen perdernos na lea dos dereitos recoñecidos e (aínda) non recoñecidos, tirando de sentido común: o ensino público, ordinario e presencial debe ser para toda a rapazada e en especial cando son menores de idade. Os centros privados, especiais ou a FP a distancia nunca deberían verse como a única solución, para evitar a exclusión ou a segregación.

Fáltanos a normativa que garanta a formación profesional das persoas autistas e, por exemplo, regule realizar adaptacións curriculares, porque as pequenas accións actuais (redacción de enunciados, tempos nos exames, flexibilización modular) só permiten unha accesibilidade anecdótica e insuficiente.

Ademais deste cambios normativos precisamos de máis recursos, profesionais nas aulas, formación… pero as familias afectadas non poden seguir esperando polos cambios lentos e a contagotas que chegan das Administracións. Precísannos a nós, xa, agora.

Queres máis info? Podes botar unha ollada a:

Share Buttons
Categorías: Ensino | FP
Etiquetas: Autismo, FP

Contido relacionado

2 comentarios
L

2 Comentarios

  1. Cristina Seoane

    Grazas por dar visibilidade a esta problemática.
    As normativas cando se fagan teñen que vir acompañadas de medios pois o papel o soporta todo pero a realidade é outra.
    Nas aulas tod@s precisan da atención dos docentes e por moito que quixeramos non temos superpoderes para estar atendendo aulas de 30 alumnos/as e estar en varios lugares da aula á vez e menos nos talleres ( pois na FP a adquisición de habilidades é maiormente práctica)

    Responder
  2. Mª Elisa Ruiz

    Moi ben, Marcos, a túa iniciativa de escribir sobre este problema. Realmente é moi dificil traballar cos medios dos que dispoñe o profesorado para alumnado de necesidades especiais, entre elas, o autismo.
    Necesítanse non só máis recursos, tamén máis preparación do profesorado e outras saídas para todos eles. Son persoas válidas en moitos campos

    Responder

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *