Docentia

A Plataforma Galega en defensa do ensino público chama o profesorado a manifestarse mañá sábado

Pablo Rodríguez Vila

viernes, 25 octubre 2024
A mobilización terá lugar en Compostela con saída ás 12 da Alameda.

Mañá o profesorado galego ten unha cita co ensino público. Sobran os motivos:

  • Recorte de profesorado, sobre todo de especialistas para a atención á diversidade nos colexios de infantil e primaria
  • Desatención absoluta ás demandas de alumnado e profesorado dos centros de secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial
  • Materias afíns
  • Prazas itinerantes
  • Burocracia
  • Pagamento dos meses de verán ao profesorado substituto
  • Horario lectivo
  • Ratios
  • Contratos ata 30 de xuño
  • Etc.

Aínda que cada docente poida ter un motivo distinto para manifestarse, todos debemos compartir un obxectivo común: defender a calidade do ensino público. É hora de facernos escoitar e reivindicar unhas condicións xustas que respecten o noso traballo. Non faltes mañá, xuntémonos por un ensino público digno e de calidade!

Share Buttons
Categorías: Mobilizacións
Etiquetas: Mobilizacións

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *