Docentia

A nova “selectividade” botará a andar a partir do curso 2024/25

Pablo Rodríguez Vila

Luns, 17 Xuño 2024
O Real Decreto 534/2024 establece os requisitos de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao, as características básicas da proba de acceso á universidade e a normativa básica dos procedementos de admisión.

O Boletín Oficial do Estado do 12 de xuño publica o Real Decreto 534/2024, que está organizado nos seguintes capítulos:

CAPÍTULO I: Disposicións xerais. Regula os principios xerais do acceso e a admisión ás ensinanzas oficiais de grao.

CAPÍTULO II: Requisitos de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao. Establece os requisitos de acceso para alumnado de bacharelato, con títulos de técnico superior e procedente de sistemas educativos estranxeiros

CAPÍTULO III: Proba de acceso á universidade. Recolle as características da proba, a súa estrutura e cualificación.

CAPÍTULO IV: Normativa básica dos procedementos de admisión. Detalla os distintos procesos de admisión, o límite de prazas e a matrícula.

CAPÍTULO V: Procedementos específicos de acceso e admisión. Indica as características dos procesos de admisión para maiores de 25, de 40 e de 45 anos.

CAPÍTULO VI: Criterios específicos para a adxudicación de prazas polas universidades públicas. Formula os criterios específicos para a adxudicación de prazas en función da procedencia do alumnado.

Share Buttons

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *