Docentia

A Consellaría de Educación expulsa indebidamente a persoal interino e substituto das listaxes de substitución

Pablo Rodríguez Vila

domingo, 28 julio 2024
A eliminación prodúcese despois dunha reunión da comisión de seguimento do Acordo de Interinos, composta pola administración e os sindicatos CCOO, UGT, ANPE e CSIF.

O pasado venres a Consellaría de Educación publicou unha Resolución na que expulsaba a máis de 2000 persoas das listaxes de substitución. En moitos casos, esta expulsión está inxustificada. Por iso, se formas parte das listas de substitución, é recomendable que comprobes que non apareces nas listas de Persoal excluído de primaria ou Persoal excluído de secundaria, e que continúas formando parte das listas de substitución.

Casos de exclusión indebida

  1. Presentarse ás oposicións e acudir a todos os chamamentos do tribunal, independentemente de que se figure nas listaxes publicadas polo tribunal como RETIRADO/A.
  2. Consolidar un posto nas listas de substitución unha vez rematado o prazo de inscrición nas oposicións.
  3. Non terse convocado proceso selectivo da especialidade ou especialidades das que se forme parte.
  4. Presentarse a unha especialidade do mesmo ou doutro corpo, no caso de que se convocase proceso selectivo dunha especialidade da que xa se formaba parte das listas de substitución.
  5. Presentarse noutra comunidade autónoma e ter achegado, a través da sede electrónica, á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, o correspondente xustificante de asistencia.

Se estás nun destes casos e figuras nas listaxes de persoal excluído, debes reclamar enviando, antes do 26 de agosto, unha instancia xenérica dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. No campo EXPÓN, debes indicar: “Asunto: Recurso Resolución do 26 de xullo de 2024 persoas excluídas de listas primaria ou secundaria” (segundo corresponda).

Ademais, se obterías un destino na resolución provisional do Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais (CADP), debes reclamar coa maior celeridade posible para que te inclúan na adxudicación definitiva, prevista para publicarse o 2 de agosto. Neste caso, tamén é recomendable enviar un correo electrónico a galiza@cig-ensino.gal. A CIG-Ensino, sindicato que non forma parte da comisión de seguimento do Acordo de interinos pero que curiosamente é o único preocupado porque o persoal expulsado inxustamente recupere os seus dereitos, lle traslade directamente a túa solicitude á Consellaría antes da adxudicación definitiva.

Share Buttons

Contido relacionado

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *