Docentia

A case suba do 2%

Pablo Rodríguez Vila

miércoles, 17 julio 2024
Temos un novo capítulo na serie de incumprimentos do Acordo das case melloras que hai uns meses asinaron CCOO, ANPE e UXT coa Consellaría de Educación. Este acordo, que por primeira vez na historia incluíu a sinatura dun presidente autonómico, tivo lugar a poucas semanas das eleccións autonómicas.


O pasado 15 de xullo, publicouse unha actualización da Orde de confección de nóminas para adaptar o noso salario a esa incrible suba do 2% que levamos esperando desde xaneiro. Pero, que sorpresa, esta suba no se aplicará a ningún dos conceptos retributivos afectados polo Acordo de outubro de 2023 asinado por CCOO, UGT e ANPE. Así que non, os sexenios, o complemento de titoría, a responsabilidade de centros de menos de 3 unidades, os cargos directivos, a inspección e aqueloutros equiparados coa dirección ou xefatura de centro tipo A (xefaturas de residencia,  membros de EOE, CAFI e persoal asesor) non verán un céntimo máis.

Probablemente vos esteades preguntando polo motivo desta case suba do 2%. A resposta está no artigo 5 da base primeira, que podedes ler na seguinte imaxe:

Parágrafos como o anterior son unha constante nas actualizacións retributivas desde a década dos 80, polo que era algo coñecido por todos os asinantes. Mentiron na aplicación das ratios, mentiron na redución do horario e, oh sorpresa, mentiron outra vez no apartado retributivo.

Ademais dos xa confirmados incumprimentos do Acordo, agora sumamos esta burla. Unha case suba, perfecta para unha case mellora. As promesas de melloras nas ratios, na redución de horario, na burocracia e nas retribucións foron só un bonito conto. A complicidade e pasividade dos sindicatos asinantes e a falta de transparencia e compromiso por parte da administración autonómica evidencian unha total falta de respecto e seriedade cara o profesorado, que nos sentimos unha vez máis traizoados.

Share Buttons
Categorías: Retribucións
Etiquetas: Burla, Retribucións

Contido relacionado

No Results Found

The posts you requested could not be found. Try changing your module settings or create some new posts.

0 comentarios
L

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *